Tereixa Paz : “A única política forestal do Goberno chámase ENCE"

A parlamentaria do BNG formulou unha pregunta á conselleira Rosa Quintana sobre os resultados da política en materia de incendios forestais tras o gran número de lumes rexistrados recentemente

Tereixa Paz

 Pleno.- A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta o Goberno relativa a superficie queimada e resultado da súa política en materia de loita contra os incendios.

Tereixa Paz iniciou a súa intervención lembrando que dende o ano 2006 os traballadores fixos descontinuos traballan nove meses, comezan a traballar en febreiro e rematan en novembro e iso, dixo, non representa “ningunha planificación” e acusou á Consellería e o Secretario xeral de Montes de mentir sistematicamente cando afirman que na actualidade “3.000 persoas traballan nos montes galegos”. Ulos!!! eses traballadores preguntou.

A Xunta carece de política de prevención de incendios

A prevención de incendios “non existe” e non o di só o BNG. Todo o sector Monte-industria e o clúster da madeira sosteñen que só hai unha política forestal, a mesma que definiu esta mañá o presidente da Xunta ao afirmar que a única industria forestal de Galiza “é ENCE, e o seguirá sendo porque é o que a Xunta quere”.

Tereixa Paz escoita a intervención da conselleira do Medio Rural

A conselleira replicou á deputada que os incendios son provocados polos incendiarios, “únicos responsábeis dos lumes en Galiza, ahora y siempre” e dirémolo, ano tras ano. As hectáreas que arderon no mes de abril, explicou, podemos comparalas coas do ano 2006 -2008 e 2009, agás no 2007 porque houbo unha primavera de moita chuvia. Para labores de prevención xa se destinaron máis de 9 millóns de euros en axudas para montes en man común.

A deputada reiterou que no que levamos de ano, só houbo vinte ou trinta días sen chuvia e xa arderon en Galiza máis hectáreas que en todo o ano pasado. Incluso arderon case 400 hectáreas no concello de Carballeda en Valdeorras ao mesmo tempo que a serra estaba nevada e durante ese período sen chuvia foi mobilizada a Unidade de Emerxencias por estar colapsado o dispositivo. Vimos neses días grandes incendios e mesmo zonas queimadas na Rede Natura e Reserva da Biosfera.

Os traballadores demandan saber con que dispositivo contarán para traballar

Ademais os traballadores de loita contra os incendios forestais saíron a esixirlle á consellería que complete o dispositivo, “pídenlle que aprobe o PLADIGA do 2015 porque queren saber como será o dispositivo” e non deixa de ser curioso que sen ser aprobado este plan, o Goberno xa licitara os avións e publicara as bases para a contratación do helicóptero, parece que lles interesa moito, afirmou a nacionalista “regalarlle cartos a INAER e NATUCTENÍA”.

Os traballadores demandan prevención e que non nos poña en perigo. A cadea de monte industria cualificou a consellería “cun cero” e ante todo isto vostede pensando que a súa política é correcta?.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG