O BNG consigue que o Parlamento reclame á Xunta o contrato do vídeo de Enrique Iglesias

A deputada do BNG, Ana Pontón reclamou, a través dunha Proposición non de lei, facer público o contrato da gravación do vídeo de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou máis de 300.000 euros

Ana Pontón

 A iniciativa defendida hoxe pola deputada do BNG, Ana Pontón reclamando o contrato do vídeo de Enrique Iglesas acadou a unanimidade dos grupos parlamentarios presentes na Comisión de Industria.

Tras a aprobación da Proposición non de lei nacionalista o Parlamento reclamará á Xunta o contrato asinado coa produtora de Enrique Iglesias co obxecto de promocionar o turismo en Galiza.

 Neste sentido, Ponton criticou “o despilfarro” de cartos públicos e agasallo económico da Xunta ao “millonario de Miami”. Asemade, puxo en tea de xuízo o retorno económico do investimento explicando que non existe “ningún informe” que xustifique tal retorno.

Para a deputada, o PP volve a mentir ao afirmar que as visitas alcanzan os 100 millóns cando en realidade dixo, “só foron 16 millóns de entradas” a un vídeo cantado en español e con escasa presenza de Galiza nas imaxes.

Por outra parte, desmontou o argumento do Partido popular que en todo momento centrou o éxito do vídeo no gran número de entradas rexistradas e preguntou que valor ten para o turismo en Galiza que un adolescente en América visione o vídeo se nunca vai viaxar ata o lugar da gravación.

Ana Pontón

Nova versión dunha Xunta pailaroca

 Pontón reprobou o agasallo económico á produtora de Enrique Iglesias e cualificou o feito de “nova versión dunha Xunta pailaroca” que non reparta en aplicar todo tipo de recortes ao sector cultural galego mentres inviste fondos públicos no vídeo “Noche y día”.

 A portavoz do PP, Cristina Romero rexeitou as acusación da oposición de “despilfarro e anunciou o voto favorable do Partido popular á iniciativa nacionalista para que a Xunta entregue a información requirida polo BNG no Parlamento galego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG