Montse Prado critica a falta de "obxectividade" nas informacións da RTVG sobre o paro

A parlamentaria formulou unha pregunta ao director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo sobre a información emitida o 3 de marzo relativa aos datos do paro de febreiro

Carme Adán e Monste Prado  en Comisión

A deputada do BNG, Montse Prado criticou hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria ao director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a “falta de obxectividade” nas informacións emitidas sobre os datos do paro.

Sobre a información emitida na RTVG asegurou que os medios públicos galegos seguen “fielmente” unha estratexia seguidista do Partido popular no Goberno de Galiza e no Estado polo que pediu “un cambio de liña” informativa acorde coa realidade social, económica e laboral galega, “non manipulada”

Neste sentido, lembrou que que o pasado 3 de marzo a TVG emitiu unha información sobre os datos do paro do mes de febreiro que contrastaba, dixo, con outras realizadas con anterioridade “non tan favorábeis”. Prado recalcou que, ata sete veces foi referenciada a información para salientar a baixada do paro en 13.538 persoas no Estado e 1.453 en Galiza.

Por outra parte, criticou a ausencia de valoracións dos grupos da oposición galegos nunha información que afecta ás persoas desempregadas en Galiza.

Pola súa parte o director Xeral da CRTVG afirmou que o criterio xornalístico responde a “excepcionalidade” dos datos de desemprego favorábeis tras sete anos de “malos datos do paro”.Sobre a ausencia de valoración dos grupos da oposición, respondeu que o criterio na RTVG é recoller a opinión só “dos axentes sociais” pola súa proximidade co tema.

Montse Prado

A parlamentaria cualificou a resposta de Sánchez Izquierdo de “foto fixa” e afirmou que o director do ente é “incapaz” de rebater os datos obxectivos expostos na pregunta nacionalista.Ademais, criticou a aseveración do director Xeral da CRTVG quen salientou o pouco peso da CRTVG “para conformar opinión” ao existir outros instrumentos de información. Dende o BNG, dixo, acreditamos na importancia dos medios públicos galegos e se vostede segue mantendo esta afirmación “vostede sobra”.

Por outra parte, na mesma comisión de control da CRTVG, Montse Prado formulou outra pregunta relativa o lugar “secundario” que ocupa Galiza nos espazos informativos.

Sobre esta cuestión denunciou que a información “pro-gubernamental” da RTVG oculta sistematicamente a realidade de Galiza, unha RTVG dixo, que prioriza e destaca a información do Estado o que ao seu entender, responde a estratexia de “recentralización” tano no plano político cono no económico.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG