A Xunta confirma ao BNG que nas vindeiras semanas serán aboadas as expropiación do Baixo Miño

A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta pola demora no pago das expropiacións dos terreos para a construción da estrada Tui-A Garda

Tereixa Paz en Comisión parlamentaria

 A deputada do BNG, Tereixa Paz recibiu con satisfacción a confirmación do director de Infraestruturas da Xunta de Galiza, Francisco Menéndez quen afirmou que nas vindeiras semanas serán aboadas as cantidades por expropiacións de terras radicadas nos concellos de A Guarda, Tui, O Rosal e Tomiño.

Na súa intervención, a deputada pediu concreción sobre os 500 mil euros pendentes para completar o proceso pendente de pagamento e se esa cantidade “pendente de habilitar crédito” corresponde a expedientes xa resoltos polo Xurado de Expropiación onde quedan por resolver 8 expedientes cun valor de 15.000 euros. Tras a resposta do director Xeral, a parlamentaria deu por feito que os 500 mil euros só están pendentes dunha habilitación de fondos ao non existir o problema burocrático.

Segundo confirmou Menéndez, dende o mes de setembro a situación “mellorou” a respecto dos futuros pagos, Tereixa Paz pediu “un esforzo” á Axencia para axilizar a habilitación dos 500 mil euros que corresponden a expedientes resoltos dende hai un ano.

Tereixa Paz

Paz remarcou que as Comunidades de Montes deben ser “resarcidas” dos seus dereitos na maior brevidade ante os prexuízos burocráticos e económicos ocasionados pola expropiación polo que volveu reclamar o pago, a través dun anticipo da provisión de fondos ou de calquera outra formula posible.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG