Xa podes descargar o boletín número 2 editado pola área internacional do BNG

boletin-internacionalO BNG vén de editar un novo boletín de internacional, onde trata, entre outros asuntos, da multitudinaria manifestación a favor do galego, convocado por Queremos Galego o pasado 8 de febreiro; tamén hai un referencia ao posicionamento do BNG a respecto do TTIP ou a solidariedade co Sáhara Occidental e Palestina a través de diversos actos organizados polo BNG e Galiza Nova, así como iniciativas parlamentares.

O boletín está editado en tres idiomas (castelán, inglés e portugués) e será enviado por correo electrónico ás múltiples organizacións e entidades coas que o BNG ten relación.

O boletín número 2 pode descargarse desde as seguintes ligazóns: galego/português, castelán/español e inglés/english.

Tamén poñemos á túa disposición o boletín número 1 editado o pasado mes de setembro: galego/português, castelán/español e inglés/english.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG