O BNG pide rescincir o contrato coa produtora do vídeo de Enrique Iglesias

Ana Pontón que cualificou o vídeo de “sexista” tamén preguntou se existe algún estudo que xustifique o retorno económico do vídeo

Ana Pontón en comisión

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición non de lei na que pedía “rescindir” o contrato coa produtora do videoclip de Enrique Iglesias.

Tras argumentar o Partido popular que se producirá un importante retorno económico fundamentalmente en turismo, a deputada preguntou onde está o estudo que avale tal aseveración?.Cál é o público que pode ver o vídeo de Enrique Iglesias e con que capacidade adquisitiva?.Non hai ningún estudo, sentenciou.

Na defensa da iniciativa, Pontón afirmou que pagar 300.000 euros ao cantante Enrique Iglesias por un vídeo “sexista” e que non aporta nada a cultura galega é “unha tomadura de pelo” a todos os galegos e galegas que cos seus impostos sufragaron a gravación do videoclip.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Agustín Baamonde destacou a "polémica", xerada polo vídeo e defendeu a súa difusión augurando que será un éxito rotundo para a promoción turística en Galiza. Baamonde anunciou o voto en contra da iniciativa do BNG por considerar que a rescisión do contrato coa produtora resultaría “moito máis caro” ao ter que indemnizala.

A deputada replicou que os segundos nos que aparecen as imaxes de Galiza sen música, “poden ser suprimidas” nun futuro visionado. O 14 de novembro do 2014 foi anunciada a grabación  e iniciada e a formalización do contrato no mes de febreiro descoñecendo os termos do contrato polo que reclamou coñecer “as condicións” do mesmo.

Pontón lembrou que o Consello de Contas cualificou de "despilfarro" 300 millóns de pesetas (1,8 millóns de euros) pagados a Julio Iglesias por aparecer a marca “Galicia” nos seus concertos, unha situación que hoxe comparou co pago do videoclip do seu fillo.

Ana Pontón

A deputada cualificou de "escandaloso, vergonzoso e un insulto a todos" os que padeceron recortes no ámbito da cultura pagar 300.000 euros a Enrique Iglesias. O PP, engadiu, somete "a economía de guerra" ao sector cultural mentres subvenciona ao este "millonario de Miami".

A parlamentaria manifestou que o PP está conseguindo que se ridiculice a Galiza fora con actuacións de corrupción na Xunta co seu presidente fotografado “cun narcotraficante” ou con Gerardo Conde Roa bailando con Mamá Noel.

Pontón reiterou que o problema non son os gustos musicais de cada quen, o problema recalcou, “é como se gastan os cartos de todos e tadas nós”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG