Cosme Pombo reclama restitúir os Programas PROA para alumnado con dificultades de aprendizaxe

Cosme Pombo

O parlamentario formulou unha pregunta na comisión de Educación sobre a denegación de profesorado dos programas de reforzo (PROA) para a orientación e apoio o alumnado cos necesidades educativas especiais

Cosme Pombo en comisión

O deputado do BNG, Cosme Pombo formulou hoxe unha pregunta o Goberno sobre a denegación de recursos axeitados en diversos centros educativos galegos para garantir o apoio, reforzo e orientación escolar para alumnado de primaria e secundaria que presenta “dificultades de aprendizaxe” polo contorno sociocultural.

Os programas PROA, explicou o deputado, melloran as competencias educativas, de convivencia, coñecemento e calidade da xestión dos centros, lamentabelmente, dixo, moitos destes centros viron denegados estes programas pensados para loitar “a prol do éxito escolar”.

Educación non ten en conta as necesidades reais dos centros

Para o BNG, manifestou, a consellería de Educación non ten en conta as necesidades reais do alumnado e cualificou de “inxustificábel” denegar os programas PROA destinados a lograr a educación de calidade e o máximo desenvolvemento da potencialidade do alumnado con dificultades de aprendizaxe.

Cosme Pombo en sede parlamentar

Esta situación, recalcou, tivo como primeira consecuencia que os centros sen dotación de profesorado para impartir os programa PROA renunciaran a súa aplicación, representando unha “nova agresión ao ensino público” e un golpe á creación de emprego no sector educativo.

O ensino non quere tesoiras, quere recursos

A calidade do sistema educativo, remarcou o deputado, “non se fai a base de tesoiras e recortes” e moito menos a base de “moito rezar”, fan falta recursos, profesorado cualificado e programas destinados a integrar aos máis débiles, o alumnado con dificultades e a potenciar a igualdade de oportunidades.

 O parlamentario reclamou que o Goberno escoite as Ampas dos centros de Vilagarcía, Meaño, Cambados, A Coruña, Ferrol... ás centrais sindicais e as directores dos centros de Tui, Vigo, Pontevedra, Carnota, Arteixo, A Estrada, Tomiño, Navia de Suarna... que denuncian as “toneladas de propaganda” fronte os recortes de profesorado para atender o apoio e reforzo do alumnado con maiores dificultarades de aprendizaxe.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG