O BNG acada o apoio do Parlamento para reclamar as pensións dos mariñeiros en barcos noruegueses

Daniel Rodas propuxo presentar unha demanda contra o Reino de Noruega por discriminar aos traballadores do mar e impedir as percepcións de pensións tras estar empregados nos mesmos barcos

Daniel Rodas en Comisión

O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe unha proposición non de lei contra a decisión de Noruega de impedir as pensións dos traballadores galegos embarcados en barcos noruegueses e que pagaron impostos nese país.

O parlamentario demandou do Goberno galego instar ao Goberno español a presentar unha demanda contra esta decisión por considerar que incumpre o Convenio europeo de Dereitos Humanos e discrimina “por nacionalidade” a inclusión no sistema de Seguridade social norueguesa aos traballadores empregados nos mesmos barcos.

Rodas explicou que Noruega “non recoñece” as pensións de xubilación, “12.000 mariñeiros, segundo a Asociación galega Long-Hope, por carecer de residencia no país”. A súa desprotección, dixo, agravase porque España non computou o tempo de embarque nos devanditos buques na Seguridade Social.Dani 1

O parlamentario defendeu a posibilidade de que sexa o Goberno de España o que denuncie a Noruega ante o Tribunal europeo de Dereitos Humanos por esta “anómala situación” en troques de facelo os traballadores do mar emigrantes afectados.

O Parlamento vota por unanimidade a iniciativa do BNG

Pola súa parte, o portavoz do PP, José Manuel Balseiro coincidiu co espírito da iniciativa defendida polo deputado do BNG e o consenso do resto dos grupos que a apoiaron polo que anunciou o voto favorable do grupo maioritario do Partido popular.

Tras a intervención de Balseiro, Daniel Rodas congratulouse da unanimidade acadada na Cámara galega para reclamar a Noruega as as pensión dos traballadores galegos en barcos noruegueses.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG