Davila denuncia a contratación de TVE de xornalistas da dereita mediática en detrimento dos de TVE

olaia24f5112A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, criticou esta tarde na Comisión de RTVE a política de contratación de TVE de profesionais procedentes de medios como Intereconomía, La Razón ou Telemadrid.

A portavoz do BNG dirixiuse ao Presidente do ente de RTVE para preguntarlle polas razóns de que se estea a desprazar a excelentes xornalistas da casa por profesionais procedentes de medios como os citados. En primeiro lugar, Davila expresou a solidariedade do BNG cos traballadores de TVE “pola discriminación laboral da que están sendo obxecto”.

A deputada do BNG explicou que TVE está a relegar dos informativos principais a xornalistas con “suficiente coñecemento no medio público. Estaos relegando a outros espazos que non teñen a relevancia dos telexornais, e falo de espazos como agrosfera, entre outros, para incorporar a profesionais que proceden de medios como La Razón, Intereconomía ou Telemadrid”.

Davila fixo alusión ás denuncias dos propios traballadores de TVE.

O Señor Sánchez adicouse na primeira resposta a negalo todo. Máis Davila lembroulle a contratación de 11 redactores novos, que se destinaron a facer as noticias máis importantes dos informativos. Davila reprochoulle este tipo de políticas practicadas en tempos de restricións orzamentarias e que “van claramente na direción de manipular a información, algo que podemos comprobar cada vez que miramos os informativos de TVE”.

Na segunda réplica, o Presidente de RTVE limitouse a sinalar que “non se desprazou a ninguén”. Admitiu que se formalizaron os once contratos e asegurou que foi por necesidades dos informativos e que se trata de expertos profesionais.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG