3+2 moito menos que 4+1

O BNG rexeita a reforma de titulacións impulsada polo partido popular dirixida a seguir dinamitando a universidade pública

3+2A OCDE nos seus informes vén demandando a liberalización dos servizos educativos de educación superior e unha menor porcentaxe de poboación con cualificacións universitarias. O Decreto Wert 3+2 responde a esas demandas. Reduce nun 25% a formación universitaria estándar do grao e abre un amplo mercado ao ensino privado universitario tanto cos graos máis curtos como nas titulacións de mestrado, que son os dous principais nichos de mercado das universidades privadas.

25% menos de formación

A reforma cara ao 3+2 vai ter como primeira consecuencia a reducción da calidade do ensino: un ano menos vai implicar necesariamente menores coñecementos (unha cuarta parte menos) e unha formación cualitativamente distinta e peor. Actualmente xa está contrastado nas taxas de empregabilidade entre as persoas licenciadas/graduadas que a preferencia vai polas que teñen máis cualificación. Os graos de 3 anos afondarán nesta situación. O transvasamento de alumnos cara ás universidades privadas atopará un PDI menos cualificado que nas universidades públicas.

O 70,4% do PDI das universidades públicas é doutor fronte ao 43,4% das privadas

Menos calidade do ensino para a maioría de estudantes

A reforma potencia o tipo de títulos nos que compiten as universidades privadas e o encarecemento de prezos derivado da xeneralización da etapa de mestrado permítelles equiparar cada vez máis as condicións de competencia. O estrangulamento financeiro das públicas cun modelo de só 3 anos de grao permitirá a máis universidades privadas xerar un mercado educativo onde debería ofertarse un servizo público.

Máis espazo para os títulos nos que compiten as universidades privadas

No curso 2005-2006 as universidades privadas tiñan o 9,6% do estudantado e no curso 2012-2013 ascendera ao 12,8 %. As universidades privadas alcanzan o 27,9% dos matriculados/as en mestrados no curso 2012-2013. Dende 2001 creáronse 14 universidades privadas.

Coa reforma vaise incrementar o financiamento vía taxas universitarias, facendo que o estudantado teña que pagar máis ao cursar dous anos de máster, moito máis caros que os anos de grao. O repagamento aumenta (impostos e taxas incrementadas). As intolerabeis declaracións da Secretaria de Estado de Educación apuntan cara a unha suba maior das taxas.

En Galiza o custo medio dun curso de mestrado é case o triple do curso de grao (835,80 euros dun grao de ciencias experimentais/ 1881,60 euros dun mestrado de experimentais).

En Galiza só estudan mestrados o 8,5% dos universitarios/as.

Estudar un mestrado en GZ é máis caro que en 20 países europeos.

Menos nivel de estudos para os que menos teñen. A igual número de anos de estudos, maior custo polo elevado prezo dos mestrados

A consecuencia lóxica é impedir que os estudantes con menos recursos poida acceder a unha formación universitaria completa. A selección económica que xa existe acentuarase exponencialmente.

A implantación de Boloña (1 ano menos de estudos) e a crise fixeron que as universidades galegas perderan 5053 estudantes (-7,26%) desde o curso 2009/10. Galiza perdeu o 17,7% das bolsas de mobilidade ERASMUS en 2013/14 (a media estatal foi do -7% e GZ é a comunidade que máis perda sofreu).

A medida non é unha homologación real: hai países europeos que manteñen o sistema de 4+1. Hai titulacións que manterán unha duración máis longa. As titulacións nunca foron menos homoxéneas que na actualidade dende a reforma de Boloña (coa mesma denominación pode haber programas de estudos totalmente dispares).

Máis disparidade nos títulos e máis dificultades de homologación

A reforma permite tamén pechar o proceso de desmantelamento das universidades públicas pola vía de afogamento no cadro de persoal. Ao acusado descenso de profesorado pola aplicación varios anos consecutivos dunha taxa de reposición mínima, únese agora este decreto. A aplicación do 3+2 será unha oportunidade perfecta para que tamén se poida pensar na redución dun 25% do profesorado universitario, reducindo aínda máis a calidade docente, o emprego público e a capacidade investigadora das institucións universitarias.

Dende o curso 2010-11 as universidades públicas do Estado perderon 4758 docentes mentres que as privadas gañaron 4441.

No curso 2012-2013 a redución foi dun 3,2% no PDI das universidades públicas e un aumento do 2,7% no PDI das privadas.

O 13,9% do cadro docente das universidades pu?blicas é maior de 60 annos, mentres só o é o 6,2% do PDI das privadas.

As universidades galegas son as segundas do Estado co PDI máis avellentado.

Menos necesidade de profesorado e máis adelgazamento dos cadros de persoal

A reforma faise en contra das universidades, sen prever financiamento e sen avaliación da implantación de Boloña tan só cinco anos despois do inicio da súa implantación. Por todas estas cuestións o BNG está rotundamente en contra da reforma do 3+2..

O BNG propón:

1. Un acordo do SUG para traballar coordenadamente polo mantemento das titulacións 4+1.

2. Unha planificación global das titulacións do SUG que inclúa unha avaliación das titulacións existentes e as necesidades de financiamento para o mantemento estrutural da oferta docente.

3. A equiparación dos prezos das licenciaturas e os masters no SUG, como xa ocorre noutros países europeos. En Galiza as taxas de mestrado subiron moito nos últimos anos e hai 20 países europeos con taxas máis baratas.

4. Medidas de apoio con bolsas completas para os estudantes de grao e mestrado que revertan a perda de estudantes (dende o ano 2000 as universidades galegas perderon un 30% de estudantes).

5. Medidas de actuación no persoal no SUG (autorización de prazas pola Xunta, dotación orzamentaria, regulación de promoción interna) para rematar coa precariedade laboral que deteriora a calidade docente e está conducindo á impartición por profesorado non especialista e sen título de doutor.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG