Davila exixe a Rajoy a Comisión de Investigación do Alvia e "agardamos que non repitan no Goberno"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna da Cámara Baixa portando na solapa a reivindicación dunha Comisión de Investigación do Alvia, un dos temas tratados na súa intervención. Ademáis de repasar as políticas máis destructivas do Goberno Rajoy, Davila levou a Galiza a este último Debate de Política Xeral da lexislatura.

A deputada do BNG reprochou a Rajoy o lamentábel panorama social que deixaron as súas políticas nestes catro anos: “O seu Goberno adicouse a amargarlle a vida aos cidadáns desde o inicio. Gobernaron en contra da poboación, e onte acudiu a este debate a vanagloriarse dos seus éxitos como se a política de recurtes non tivese consecuencias. A súa intervención foi un insulto en toda regla”.

GALIZA no Debate de Política Xeral da mán do BNG

Olaia Fernández Davila levou a Galiza ao Debate de Política Xeral acusando a Rajoy de ter “sido un Goberno nulo e incumpridor co noso pais”. Criticou ao seu Goberno pola “operación de desfeita das Caixas galegas co obxectivo de lle entregar o poder financeiro e os nosos aforros ao sector privado e aos oligopolios”. Acusouno de “ter impedido que Galiza puidese ter un sistema financeiro público ou semipúblico como lle pedimos do BNG unha vez que a Caixa galega foi resgatada con carto público pero optaron por vendela a prezo de saldo”.

Por incumprimentos Davila referiuse aos incumprimentos das partidas que cada ano se contemplan nos Orzamentos do Estado. “Practicaron a pura propaganda en todos os Orzamentos, inflando partidas destinadas a investimentos no noso pais, que non foron executadas en 2014 en máis dun 40%, tanto partidas medioambientais como viarias ou ferroviarias”.

“A cambio dun AVE que non chega nunca, paralizado en varios tramos e ao que lle rebaixaron condicións”, sinalou, ademáis de mencionar o desmantelamento “da nosa rede ferroviaria interior, a saturación e o prezo abusivo en media distanza, así como a inexistencia de cercanías”. No mesmo eido das infraestruturas, Davila aludiu á AP-9: “Padecemos unha política despótica dunha concesionaria da AP-9 que nos nega servizos de calidade e merma a competitividade das nosas empresas”.

A continuación fixo un repaso polas principais dificuldades polas que atravesan os sectores produtivos galegos. Empezou polo naval. “Agora xa sen veto da UE sobre Navantia Fene, segue en deterioro, a industria auxiliar agoniza e a situación social, económica e laboral de Ferrolterra, con máis dun 34% de paro, voltouse insostíbel mentras vostedes non conseguen carga de traballo e miran para outro lado”.

Igual que o sector lácteo, engadiu, “que continúa agardando a que se lles garanta un prezo xusto do leite en orixe”. E subliñou que o leite de Galiza valería 30 millóns de euros máis se ao noso sector se lle pagasen os mesmos prezos que no resto do estado. En canto á pesca, recriminou a Rajoy o recurte de cotas na pesca de litoral que impiden que a pesca poida ser rendábel. Lembroulle que “só após de que o BNG e o propio sector denunciase perante a Comisión de Pesca da UE a inxustiza de prohibir a arte de o xeito, foi cando vostedes se moveron”.

Outro dos sectores nomeados polo BNG foi o da conserva: “deixaron á conserva en situación de indefensión fronte á competencia desleal polos acordos comerciais da UE que eliminan aranceis”.

Comisión de Investigación do ALVIA XA!

A deputada do BNG adicou unha especial atención ao grave sinistro do Alvia amosando un cartaz que pedía unha Comisión de Investigación. Davila, que tamén portaba na solapa a mesma reivindicación, criticou ao Goberno pola “nefasta xestión que fixeron” do accidente e que “se constata en cada información que coñecemos”. “Os dados son sobrecolledores e explican a verdadeira razón pola que se negaron desde o primeiro momento á cada vez máis necesaria Comisión de Investigación que desde o BNG continuamos reclamando”•.olaia24f5110

Davila alzou a voz para defender “unha Comisión de Investigación do Alvia xa!”.

A portavoz do BNG tamén reprochou a política do Goberno en materia lingüística porque “o Estado, en liña coa que fai a Xunta, retrotraeunos 40 anos atrás e contribuiu a desvalorizar a nosa lingua impedindo a cidadáns galegos exercer os seus dereitos lingüísticos máis fundamentais”.

No que atinxe ao modelo de estado, a deputada nacionalista considerou “censurábel a involución practicada polo Goberno porque negaron e obstaculizaron o dereito a decidir, e recentralizaron competencias invadindo responsabilidades autonómicas”. Puxo como exemplo a Reforma Local, e afirmou que “canto máis se empeñen en negar a plurinacionalidade do estado, máis nos empeñaremos en defender a identidade e os dereitos da nosa nación”.

“Goberno devastador e demoledor”

Definiu o Goberno de Rajoy como “un Goberno devastador e demoledor”, e acusouno de estar só ao servizo do resgate á banca e da obsesión de redución do défice, “para o cal non dubidaron en elaborar un duro paquete de recurtes sociais”. Lembroulle de que o sector financeiro xunto coas grandes fortunas foron os únicos que incrementaron os seus beneficios mentras as maiorías sociais se empobreceron.

“Vostede é o responsábel de que o 66% da poboación do estado se atopa en perigo de exclusión, segundo un informe de Cáritas, e de que só o 34% viva en condicións de integración plena, e de que o índice de probeza infantil se atope entre os máis grandes de Europa, sólo superado por Rumanía”.

A deputada do BNG criticou ao Goberno de Rajoy por deixar un “panorama desolador: unha sanidade pior que hai 30 anos, un desigual sistema educativo e coa universidade erosionada”. Censurouno por ter eliminado a Lei de Dependencia, en Galiza 120 millóns menos nos últimos dous anos. Lembrou os danos nos servizos sociais, “as onerosas taxas xudiciais que alonxaron a xustiza da cidadanía”.

olaia24f5103

Reforma Laboral: máis precarización e emigración

No terreo laboral, Davila culpabilizou á Reforma Laboral de ter precarizado o traballo: “non só hai máis parados que cando comezaron a gobernar, 57.000 empregos menos en Galiza, senón que o traballo é precario, inseguro, de baixos salarios e por riba aumentou tremendamente a brecha salarial e as mulleres retrocederon anos en igualdade”.

A emigración foi outra dos problemas reseñados pola deputada do BNG. “Ten este Goberno o privilexio de ser o grande promotor da nova emigración que especialmente afecta á mocidade galega. Mozos e mozas de alta cualificación, científicos, que emigran na procura das oportunidades que este Goberno lles negou, á vez que nega avanzos científicos e tecnolóxicos”. Neste sentido, puxo de manifesto a alta taxa de desemprego, do 24%, e o feito de que emigraran nestes dous últimos anos 2 millóns de persoas.

A portavoz do BNG díxolle ao Presidente do Goberno que fronte a “este austericidio” hai alternativas para incrementar os ingresos e apuntou a unha reforma fiscal máis progresiva, que grave máis ás rendas máis altas.

Salientou as numerosas movilizacións sociais debido “á errática política de recurtes”: “movilizacións polos desafiuzamentos, preferente, pensións de emigrantes retornados, recurtes sanitarios e un sinfín de problemas sociais, que xunto ao labor de oposición de forzas como o BNG se impediu que a cousa fose pior”.

Reprochou a Rajoy ter criminalizado as manifestacións cidadás, e de ter aprobado a Lei Mordaza, “propia de tempos pre democráticos”.

Corrupción:

Finalmente, a deputada do BNG aludiu á corrupción: “O bochorno da corrupción que preside o seu mandato e que afecta ao seu partido. Unha corrupción á que non só non fixo frent senón coa que mantén unha clara connivencia que lle convirte en cúmprice da mesma”.

Rematou Davila desexando que “non repita Goberno nin vostede nin o seu partido polo ben da cidadanía e que a próxima lexislatura sexa a da recuperación”.

RAJOY ELUDE RESPOSTAR Á COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DO ALVIA:

A resposta do Presidente do Goberno sobre as cuestións relativas a Galiza que plantexou a deputada do BNG foi moi limitada e reducionista. En materia de investimentos detívose só en infraestruturas viarias como a A-8, a A-54, a A-56 ou o anuncio de que “imos pór a primeira pedra da ampliación da AP-9, a circunvalación de Santiago”.

En materia ferroviaria, dixo algo sabido: a consignación dos Orzamentos para este ano 2015 pero non rebatiu os incumprimentos de Orzamentos. Do AVE a Galiza só sinalou que “o obxectivo é rematalo no 2018”. E que o Eixo Atlántico vaise rematar este ano.

Na cuestión relativa a Navantia fixo unha mistura entre o sector naval privado e o público, explicando o xa coñecido: o flotel de Pemex, sen entrar a comentar que parte do seu traballo vai para a factoría de Cádiz cando o ía facer íntegramente Navantia Ferrol, e aludiu Rajoy aos 2 Buques de Acción Marítima que nin siquera teñen data de inicio de construción.

A todas as demáis cuestións plantexadas por Davila sobre Galiza, Rajoy non deu resposta. Especialmente reseñábel é o seu mutismo sobre o sinistro do Alvia, do que nin siquera lembrou ás vítima

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG