Davila demanda a Catalá máis xulgados para Galiza polo colapso existente

CONGRESOA deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministro de Xustiza que aumente o número de xulgados na Galiza.

A deputada do BNG fai valer os dados do Consello Xeral do Poder Xudicial que sitúa aos xulgados de Galiza entre os que acumulan máis carga de traballo. De feito, figuran na cuarta posición. Davila lembra que o BNG leva anos reivindicando que se solucione o problema do colapso que sofren os xulgados galegos pola falla de personal, de medios e de xulgados.

A crise e os recurtes empioraron a situación

“A eterna asignatura pendente de poder contar cunha xustiza eficaz, áxil e útil aos cidadáns segue sen resolverse. É máis, poderíamos dicer que a raíz dos recurtes practicados polo Goberno, a situación empiorou. A combinatoria de recurtes e crise está agravando os problemas e provocando un colapso maior”, sinala a deputada nacionalista.

Salienta Davila o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial no que se estabelece un tope máximo de casos anuais que a maioría dos xulgados galegos supera con creces. Segundo as estimacións do CXPX, precisaríanse 15 xulgados máis na Galiza para poder abordar a inxente carga de traballo. Especialmente nos ámbitos xudiciais nos que a crise afectou máis: o civil e laboral.

A parlamentar do BNG insta ao Ministro de Xustiza a ter en conta este informe e proceder a aumentar o número de xulgados que tratan temas civís, laborais, de familia, ou os relacionados coa violencia de xénero. Razón pola que dirixe ao Ministro unha batería de preguntas: “Considera o Goberno normal que os xulgados superen en case o doble o tope máximo de casos anuais estabelecidos polo CXPX? Cre que é a xustiza que merecen os cidadáns?

“Prevé o Goberno incrementar os xulgados no territorio galego? Como vai solucionar o enorme colapso que sofre a xustiza?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG