O BNG apoia a ILP promovida pola CIG-Ensino en defensa do Ensino Público Galego

O deputado do BNG, Cosme Pombo reclama un investimento público que garanta o acceso á Educación, en igualdade de condicións, para todo o alumnado, restituír os dereitos laborais,profesionais e retributivos do profesorado e un cambio na Política Lingüística da Xunta

Reunión, BNG-CIG-Ensino

O portavoz do Grupo parlamentario, Francisco Jorquera e o deputado, Cosme Pombo mantiveron hoxe unha xuntanza, en sede parlamentar, con representantes da CIG-Ensino.

Os parlamentarios amosaron o apoio do BNG á Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG-Ensino e respaldada con 22.918 sinaturas destinada á restitución dos dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellora da calidade do ensino en Galiza. .

Para o deputado Cosme Pombo, a ILP coincide coas propostas defendidas no Parlamento galego polo BNG entre as que destacou a necesidade de acadar un ensino público Galego “de calidade” que asegure o dereito Universal de todas as galegas e todos os galegos, en igualdade de condicións á educación pública.Neste sentido lembrou que o BNG denunciou, en reiteradas ocasións, na Cámara galega os recortes da Consellería de Educación, “máis de 400 millóns de euros durante os últimos cinco anos”.DSC_0033

Por outra parte, anunciou que o BNG seguirá loitando para substituír a LOMCE (centralista, privatizadora,confesional, segregadora e elitista), por unha nova Lei de Educación de Galiza que mellore a calidade educativa e garanta o dereito á Educación “en igualdade”.

Ademais de reclamar da Xunta a recuperación dos postos de traballo, condicións económicas e sociolaborais do profesorado, Come Pombo incidiu na urxencia dunha nova Política Lingüística que repare o dano que o recorte do 70% rexistrado dende o ano 2009 causou ao patrimonio cultural do noso país.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG