O BNG acusa o INEGA de "posíbel trato de favor" a empresas nas subvencións

A deputada do BNG, Carme Adán presenta diversas preguntas relativas ás subvencións do Instituto Enerxético Galego a proxectos de biomasa esgotadas “na mañᔠde apertura do prazo para presentar  solicitudes

Carme Adán

 A deputada e portavoz de Industria do BNG, Carme Adán pregunta no Parlamento galego polo remate das subvencións do INEGA a proxectos de biomasa na mañá de apertura do prazo para solicitar as axudas.

Na iniciativa, a parlamentaria explica que o dia 27 de xaneiro do 2105 comezaba o prazo para solicitar a subvención para o ano 2015 de proxectos de biomasa reguladas pola Resolución do 26 de decembro de 2014 e publicitada no DOG do 26 de xaneiro do 2015. Ese mesmo día ás 9 h da maña varias empresas trasladaron a súa queixa de que a aplicación para (persoas xurídicas) non permitía que se puideran introducir os seus datos na solicitude, e cando a aplicación estivo "operativa", isto é, sobre o mediodía do mesmo día 27, “os fondos estaban xa esgotados”, e as súas solicitudes, unha vez que preencheron os datos requiridos, pasaron a lista de agarda.

Na súa opinión, ante esta situación cabe pensar que ou existe unha total "conivencia" entre o Inega e varias empresas que son advertidas por este organismo da data na que se pon en marcha a aplicación das axudas, ou existen fallos informáticos que deben ser corrixidos de inmediato.

Para coñecer que ocorreu realmente, a parlamentaria pide explicacións de como foron xestionadas as solicitudes o día 27, se existiron problemas informáticos e como xustifica o colapso informativo o INEGA.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG