Montse Prado: “ A Sanidade privada goza de boa saúde, a Publica está na UCI”

Montse Prado

A deputada pediu a conselleira de Sanidade e a Feijóo que non “xoguen con lume” e impidan que segan morrendo @s afectad@s de Hepatite C que precisan de tratamento

Montse Prado

 Tras a comparecencia da conselleira de Sanidade, que volveu minimizar “o colapso sanitario” rexistrado nos hospitais galegos, a deputada do BNG afirmou que o PP “xoga con lume” e as súas políticas sanitarias levan ao desmantelamento da Sanidade Pública galega e aos doentes “á desesperación”.

Hoxe os doentes de Hepatite C, dixo, están de loito porque onte morreu unha persoa afectada que levaba un ano agardando a ser tratada cunha medicación que vostedes están a negar, “os responsábeis desta morte, son as súas políticas Sra.Mosquera”.

Neste sentido, a parlamentaria censurou que o Partido Popular rescate á Banca mentres abandona aos afectados e afectadas por Hepatite C, vostedes, recalcou, priorizan a cuestión económica por riba da saúde, “salve a vidas destas persoas” e non veña ao Parlamento con outra manobra de distracción. Estamos a finais de xaneiro e os doentes de Hepatite C seguen sen a medicación que precisan e a maiores, á fronte da Comisión de expertos colocan vostede a unha persoa vencellada a unha farmacéutica, “demasiadas mentiras e falsidades”. Non se pode facer máis con menos e seguen empeñados en privatizar un ben tan prezado como é a saúde.Con foular 2

Colapso sanitario por mor dos continuos recortes

 Sobre as deficiencias rexistradas nos servizos de Urxencias, a deputada explicou que o PP pasou de minimizar a situación a culpabilizar aos doentes por non vacinarse, logo vostede mesma e o presidente da Xunta amosaron “unhas mornas desculpas”, reduciron o asunto a unha cuestión de confort e seguen culpabilizando aos doentes de non vacinarse

A deputada tamén aludiu na súa intervención ao informe da Defensora do Pobo, Soledad Becerril que representa, na súa opinión, unha “labazada” ás políticas sanitarias do Partido popular. O informe, dixo, confirma que as plantillas non están sobredimensionadas e @s profesionais cada vez contan con menos orzamento e medios. Teñen vostedes a todo o mundo en contra, “folgas nos centros sanitarios, cartas o presidente da Xunta, reclamacións d@s profesionais e sindicatos”. Vostedes seguen exercendo de “verdugos” da Sanidade pública, apostilou.

A parlamentaria do BNG concluíu lamentando que a xestión sanitaria do Goberno galego condene as persoas sen recursos a non poder curarse mentres os que si os teñen podan acceder á sanidade privada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG