O BNG empraza a Feijóo e Mosquera a cumprir a lei e convocar os Consellos de Saúde

A parlamentaria do BNG, Montse Prado e a portavoz de Política Municipal, Goretti Sanmartín presentan a Proposición non de lei para convocar os Consellos de Saúde contemplados por lei

Montse Prado e Goretti Sanmartin en rolda de prensa

 A deputada Montse Prado, xunto á portavoz de Política Municipal do BNG, Goretti Sanmartin presentaron hoxe ante os medios de comunicación unha Proposición non de lei instando á Xunta a convocar os Consellos de saúde de Área.

 Para a parlamentaria, os Consellos de Saúde cumpren a importante función de representar ás asociacións de veciños, organizacións sindicais e empresariais, cargos designados pola Xunta e asociacións de doentes que trasladan as súas inquedanzas e alternativas co fin de mellorar o Servizo galego de saúde.

 Neste sentido, Prado retou ao presidente da Xunta e a titular de Sanidade, Rocio Mosquera a facer un exercicio de “valentía” e “dar a cara” convocando os Consellos de Saúde.

A parlamentaria asegurou que nos Consellos abrirase un dialogo entre a cidadanía e Administración sobre propostas de política sanitarias coñecendo a planificación do Goberno nesta materia.

Montse Prado e Goretti Sanmartin responden ás preguntas d@s xornalistas

Con esta iniciativa, dixo, o BNG empraza ao Goberno galego, a Núñez Feijóo e Rocio Mosquera para que “escoiten ao pobo galego e dean voz a cidadanía” sobre a súa política sanitaria, convocando os consellos e dando conta da xestión da saúde, “recortes de persoal, médicos, medios materiais” e explicar a “rebaixa dos orzamentos” neste ámbito e por que razóns os pacientes con Hepatite C non están a recibir a medicación.

Que teñan a “valentía”, reiterou de defender neses consellos “que o PP fai máis con menos” e escoitar aos representantes de profesionais e veciños sobre esta cuestión. En democracia “hai que escoitar o pobo” apostilou, e os consellos de saúde están na lei do ano 2008 e tiveron tempo de abondo para convocalos.

Goretti Sanmartin anuncia a presentacións da iniciativa en todos os concellos galegos

Pola súa parte, a portavoz de Política Municipal nacionalista, Goretti Sanmartin anunciou que a iniciativa do BNG será presentada en todos os concellos galegos para “esixir que se poñan en marcha os consellos de saúde das diferentes áreas” previstos pola Lei de Saúde de Galiza e coa finalidade de “escoitar á cidadanía galega sobre o funcionamento da Sanidade pública nestes momentos.Portada 1

Trátase, dixo de canalizar as reclamacións sobre condicións sanitarias, económicas e laborais e propoñer alternativas as eivas na calidade sanitaria nunha liña contraria “á privatización, recortes e desmantelamento da Sanidade pública”.

Sanmartin reiterou que Consellos de saúde darán a voz a cidadanía.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG