O BNG rexistra "con rango de Lei" o Plan de Normalización da Lingua galega

O Grupo parlamentario rexistra a Proposición de Lei para amparar “legalmente” o uso e fomento da lingua galega en todos os ámbitos sociais, económicos, académicos e culturais, dentro e fora de Galiza

Cos cartaces no Grupo Parlamentario

 O Grupo parlamentario do BNG rexistrou hoxe no Parlamento galego o Plan de Normalización da lingua galega con “rango de lei” a través dunha Proposición de Lei recollida en 87 páxinas.

Exhibindo cartaces baixo os lemas, “Nós amamos o galego”, “Polo cumprimento do PLAN XERAL”, o grupo nacionalista rexistrou a iniciativa coa esperanza de acadar “o consenso” parlamentario destinado a “blindar” as medias do Plan de Normalización Lingüística e de protección dos usos sociais da lingua galega e a súa proxección no exterior.

Tras o rexistro da lei, a deputada e portavoz de Política Lingüística do BNG, Ana Pontón manifestou ante os medios de comunicación, que “a lingua galega está atravesando o peor momento da súa historia” cun alarmante descenso de galego falantes e mantendo a súa exclusión e discriminación en diversos ámbitos.

O Galego, única lingua da Península Ibérica que perde falantes

Ante a evidencia da diminución de persoas que utilizan a lingua galega de maneira normalizada, Pontón advertiu que de continuar esta situación, nas próximas décadas existe un alto risco de que “o galego desapareza”.

Camiño do rexistro

Para nós, dixo, esta realidade pon en grave perigo “o noso futuro colectivo como pobo”. Pero esta situación, censurou, “non nace da nada”, responde a causas sociopolíticas pero fundamentalmente, “as políticas de destrución aplicadas polo Goberno galego”.

O BNG pide unha rectificación a Feijóo para que o galego non desapareza

A nacionalista recalcou que ante esta realidade, “urxe modificar a política lingüística” do Sr.Núñez Feijóo e lembrou que existe un pacto acordado no Parlamento galego, hai unha década, pendente de executar cuxa aplicación suporía un grande avance para recuperación do noso idioma.

Co rexistro desta lei, engadiu, o Goberno galego, Partido popular e o presidente da Xunta teñen a oportunidade de rectificar a súa política “demoledora”. Política criticada polos propios tribunais, a sociedade e institucións obrigadas a salvagardar o idioma así como a inmensa maioría dos galegos e galegas.

Rexistrando a lei

Agardamos, remarcou, que Feijóo non sega enrocado en demoler o idioma e demoler tamén colectivamente a Galiza”. Hoxe, a través do consenso, pode “blindar por lei as medidas contidas no Plan de Normalización da lingua galega” e garantir a súa execución.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG