O BNG recorrerá a norma que modifica o contrato dos concellos con SOGAMA

Ana Pontón

Para o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a aprobación da norma revela “a forma despótica e soberbia” de gobernar do PP e Feijóo.O BNG pedirá que a FEGAMP se pronuncie contra o regulamento que vulnera o respecto á Autonomía local

Rolda de prensa BNG

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence asegurou que a “reforma unilateral” da Xunta para a xestión do lixo a través dun decreto que modifica o marco das relacións entre os concellos e SOGAMA e o seu socio Gas Natural-Fenosa representa un “ataque por dúas vías” ao restar autonomía municipal e obrigar aos concellos a adherirse a unha norma da que non foron consultados.

Vence asegurou que nova norma impón aos concellos “unhas condicións leoninas” obrigándoos a adherirse a este modelo nun prazo de dous meses e por un prazo mínimo de cinco anos sen ofrecer ningunha outra opción.

Una decisión da Xunta e Feijóo, dixo que pretende parar o proceso iniciado polos concellos do BNG que defenden outras alternativas a  SOGAMA,un modelo por outra parte, “insostible, caro e con efecto nocivos para o medio ambiente e as persoas”.

O BNG rexeita o modelo insostible e caduco de SOGAMA

Vence cualificou de “despótica e soberbia” a forma de gobernar do Goberno galego e de Núñez Feijóo co única intención de xustificar a “súa submisión” aos intereses de Gas Natural-Fenosa. “Ningunea os concellos e veciñ@s e protexe, ampara e lexisla” a favor dos fortes”, afirmou.

Alcalde de San Sadurniño, Secuncino García

O portavoz do BNG acompañado da deputada Ana Pontón, os alcaldes de San Sadurniño e Riotorto, lembrou a oposición do BNG ao taxazo de SOGAMA ao que agora se suma un decreto que impide os concellos negociar novas condicións. Ademais, a Xunta pretende retirar dos fondos de Cooperación Local as facturas non abonadas en protesta pola taxa do 34% polo que anunciou que pedirá “un claro pronunciamento” da FEGAMP contra este regulamento.

Con este decreto, remarcou, a Xunta asesta dous golpes aos concellos, “impón un regulamento que favorece a SOGAMA e Gas Natural e deduce dos fondos de Cooperación local as facturas non pagadas a SOGAMA” cando segue pendente a resolución xudicial dos recursos presentados polos concellos contra o taxazo.

Os concellos do BNG non mudarán a súa postura

Pola súa parte, Secundino García, alcalde de San Sadurniño explicou que o venres os concellos que se “negaron a dobregarse” recibiron unha “moi mala noticia”, ao modificar a Xunta “unilateralmente” todos os contratos con SOGAMA nos que pactamos unhas condicións especiais que xa foron modificadas o ano pasado co incremento do prezo do tratamento do lixo nun 34%. Houbo concellos, explicou, que se se negaron a esta taxa e devolveron as facturas e continuamos a espera do pronunciamento dos tribunais. De todos xeitos, recalcou, “seguiremos ata o final na nosa postura”.

Ana Pontón

Nós, “seguiremos defendendo os intereses da xente” e os alcaldes do BNG continuaremos preiteando con SOGAMA para defender o que consideramos xusto.

O Goberno rompe as regras de xogo

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón anunciou que o grupo parlamentario pedirá na Cámara galega a retirada do decreto e ademais tamén responsabilidades á actual conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez.

Pontón explicou que o pasado venres era publicado un Decreto no que a Xunta mudaba de “maneira unilateral” as condicións de adhesión dos concellos a SOGAMA, un “Decreto ilegal que non respecta a autonomía local e incumpre a xerarquía no tratamento de residuos establecida por Lei”.

Neste sentido asegurou que modelo de SOGAMA incumpre a lei sobre a prohibición de depósitos de residuos como os que deposita en Areosa sen “ningún tipo de tratamento”. Lendo o Decreto, engadiu, “ a Xunta non amosa vontade algunha para modificar esta situación.

Para o BNG, afirmou, a incineración é “a última das opcións e a Xunta debería colaborar cos concellos na procura doutras alternativas.

A nacionalista censurou que o Goberno galego só aposte por queimar o lixo a pesar do custe que este sistema provoca no medio ambiente e na saúde das persoas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG