Arroxo en BNG-Asemblea Abertas:"Non teño tarxetas black, senón os mesmos problemas ca xente de Lugo"

Ruben Arroxo, encabeza candidature BNG-Asembleas Abertas Lugo

Ruben Arroxo, encabeza candidature BNG-Asembleas Abertas Lugo

Xavier Vence e Ruben Arroxo co 1º tramo BNG-Asembleas Abertas Lugo

Unha candidatura renovada para unha cidade bimilenaria que se fixa como obxectivo darlle a veciñanza de Lugo un Concello transparente e democrático desde o que se desenvolvan con honestidade políticas a favor da xente. Así o explicou Ruben Arroxo, que encabeza a lista BNG-Asembleas Abertas para as eleccións de maio, no acto de presentación do primeiro tramo da candidatura.

“Presentámonos en base a unhas cuestións moi claras: queremos un concello aberto á cidadanía, democrático, transparente onde calquera poda participar e traballar por un Lugo mellor. Queremos políticas a favor da xente, con servizos públicos de calidade e sistema fiscal onde aporte máis que máis ten”, explicou Arroxo.

Arquitectónico técnico de profesión, Arroxo (29 anos) salientou que pertence ao que se chama “a xeración máis preparada da historia, pero tamén a máis estafada” e que, xunto co resto das persoas que integran a candidatura, participou en momentos sociais “a favor da xente do común”. “Non temos tarxetas black, senón os mesmo problemas que calquera nesta cidade”, subliñou.

O candidato de BNG-Asembleas Abertas salientou o “potencial” de Lugo, cun centro histórico envexable “pero desaproveitado” ou un rural “abandonado”. “Somos a alternativa ás dúas opcións prehistóricas que se presentan neste concello”, proclamou, “e traballaremos para resolver os problemas da xente e ter un Lugo mellor”,

Arroupando a presentación, o portavoz nacional, Xavier Vence, valorou as achegas do Bloque á cidade ao longo de anos de traballo político. “Temos contribuído á transformación, modernización da cidade e dinamización cultural, loitando pola transparencia, pola democracia e contra a corrupción desde as institucións municipais”, indicou.

Vence amosouse convencido de que a veciñanza de Lugo quere “substituír a aqueles poderes que teñen sumido á cidade nunha situación que matou todas as ilusións”, cunha alternativa encabeza por Arroxo que representa o contrario: “Unha candidatura de ilusión para o futuro fronte a eses espíritos desgastados que hoxe campan pola cidade de Lugo”.

Municipais, punto de inflexión

O Bloque, dixo, quere converter os concellos “en exemplos de xestión honesta e transparente”, como xa demostra alí onde ten responsabilidade de goberno. Considera que as eleccións municipais serán “un punto de inflexión” no que a “cidadanía rebelde” vai poñer freo as políticas de recortes do PP, “porque non está disposta a aceptar este deterioro do país”.

“Ofrecémoslle esta candidatura como alternativa”, subliñou, fronte a un PP que deteriora servizos públicos, como proba o incumprimento de dotar ao HULA dos servizos sanitarios de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica.

Neste sentido, Vence cualificou de “escándalo” o papel do parlamentario e portavoz popular en Lugo, Jaime Castiñeria, “que se destapou como o defensor de demorar a posta en funcionamento de todos eses servizos médicos como prometera Feijóo e a conselleira Mosquera hai moito tempo”.

Arroxo e Vence salientaron o traballo político de “Paz, Antón e Cristina, que loitaron polos intereses da veciñanza” desde o grupo municipal do BNG, e tamén o compromiso de todas as persoas, militantes e independentes, que se sumaron a candidatura para maio de 2015 e que tamén interviron na presentación.

Marta Rodríguez Engroba, número 8 da candidatura, traballa na axuda á asistencia ás mulleres vítimas de violencia de xénero e apuntou que “para o BNG a loita contra a violencia de xénero é unha realidade, non unha promesa máis”.

Felipe Rivas, número 7 da candidatura, titulado en electrónica, salientou o seu traballo nos movementos sociais porque, dixo, “son desempregado, pero non parado”.

Esther Gómez Fórneas, número 6 da candidatura, profesora da USC. Sinalou que a súa motivación para participar na candidatura é “a clara defensa do medio ambiente” por parte do BNG.

Daniel Cabana, número 5 da candidatura, funcionario do Estado autodefiniuse como fillo de labrego da Terra Chá. “Non son afiliado pero estou nesta candidatura por que en todos os problemas estivo o Bloque con coherencia e firmeza”.

Antón Somoza, número 3 da candidatura, doutor en humanidades, salientou que aspira a que a programación cultural do concello “poña en valor o noso patrimonio material e inmaterial en colaboración co asociacionismo cultural de base”, cun país que aspira sexa soberano.

 Maite Ferreiro Tallón, número 2 da candidatura, desempregada lembrou que “a candidatura que hoxe presentamos é o resultado das propostas feitas por veciñas e veciños de Lugo nas distintas asembleas abertas. “Queremos conseguir un Lugo máis humanizado, cunha sociedade máis xusta e igualitaria, orgullosa de ser galega”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG