Davila ao Goberno: "O pior da crise recóllese nestes Orzamentos porque manteñen os recurtes"

SENTADAS ESCANO 2A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu esta mañá á tribuna da Cámara para manifestar a oposición do BNG aos Orzamentos Xerais do Estado 2015, proxecto que hoxe salva o seu último trámite na Cámara Baixa co debate das emendas do Senado.

Davila dirixíndose ás bancadas do Goberno afirmo que “o pior da crise se recolle nestes Orzamentos porque se manteñen os recurtes, e os défices de investimentos en sanidade, educación e servizos sociais, ademáis do tesourazo no emprego público e permanecen os criterios de redución salarial”.

Uns Orzamentos que empobrecerán aínda máis a vida da xente

A deputada do BNG sinalou que estes Orzamentos “sirven para reforzar a precarización da vida das persoas” e censurou as afirmacións de recuperación que insistentemente fai Rajoy: “aproban estos Orzamentos nun momento no que o mesmo Presidente do Goberno trata de convencernos de que o pior da crise xa pasou, pero o pior da crise sigue presente nestes Orzamentos”.

Davila redundou no argumento de que as contas do estado van a acentuar os índices de empobrecemento existentes, e que cada vez se elevan máis.

En canto a Galiza, a deputada do BNG fixo fincapé no feito dos constantes incumprimentos dos investimentos que se proxectan nos sucesivos Orzamentos. “Nesta ocasión, vemos como se inflan determinadas partidas porque estamos en ano eleitoral, pero ocurrirá como no ano presente porque de todo o contemplado sobre o papel apenas se executa o 60%, especialmente no que atinxe ao eido das infraestruturas”. “Son Orzamentos para ser incumpridos”.

Tamén censurou os artificios do PP e do Goberno que empregan o Senado para auto emendarse a si mesmos como fixeron con outros proxectos. “Os orzamentos pasaron desapercibidos no Congreso e o PP non admitiu ningunha das emendas do BNG e do resto da oposición. Logo chegan ao Senado e o PP se emenda a si mesmo mediante a presentación de máis de 100 emendas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG