O PP vota en contra de aportar recursos para mobilizar as terras agrarias

Tereixa Paz

A deputada do BNG, Tereixa Paz defendeu dotar de medios humanos e materiais o Banco de terras e axilizar as concentracións parcelarias

Tereixa Paz

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz reclamou hoxe, a través dunha Proposición non de lei implantar as medidas necesarias para a posta en valor e mobilización da superficie agraria abandonada.

Nesta liña, defendeu reactivar o Banco de Terras e a a política de concentracións parcelarias e denunciou que ambos modelos resultan na actualidade “lentos e burocratizados” por unha política errática do Partido popular. Pode pasar máis dun ano, dixo, desde a presentación da solicitude ata que é resolto o expediente para incorporar á explotación ás terras, circunstancia, que ao seu entender, obedece a “falta de persoal e técnicos da Xunta de Galiza”.

Por outra parte, cualificou de “fracaso” que o Goberno galego non consiga incorporar 15.000 Ha o próximo ano para ser transferidas aos agricultores.

Tereixa Paz intervén no pleno

A nacionalista criticou que o propio presidente da Xunta afirmara recentemente que en Galiza “tiñamos a terra sen cultivar”, ese, dixo, e o noso problema, ter un Goberno que non sabe xestionar a terra e un presidente que tolera “200 concentracións pendentes de execución” sen ter analizado previamente cales son de intereses agrario e a cantidade de fundos necesarios para a súa resolución nun prazo razoábel.

 A parlamentaria do BNG lamentou que unha ves máis, o Partido popular impedira que a iniciativa nacionalista prosperara para reactivar o Banco de Terras e as transferencias ás explotacións agrarias.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG