Davila a Rajoy:"´Á vista do sucedido, vostede tamén ten que dimitir e convocar elecións"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna esta mañá para dicerlle a Rajou que “á vista do sucedido, vostede tamén ten que dimitir e convocar elecións”. Afirmacións que fixo no pleno monográfico sobre medidas anti corrupción no que compareceu o Presidente do Goberno español.

Davila reprochoulle a Rajoy “a súa falla de credibilidade para falar de medidas de rexeneración democrática cando no actúa fronte á inmensa corrupción que atinxe ao seu partido político”. “Cre que algún cidadán lle pode crer e confiar en vostede cando mira para outro lado? Que credibilidade ten para anunciar medidas anti corrupción cando tardou tanto en destituir a unha Ministra involucrada nunha trama de corrupción “das gordas”?”.

Na súa intervención perante o pleno a portavoz do BNG dirixía ao Presidente do Goberno unha serie de críticas pola súa pasividade na corrupción do seu partido. “Xa en febreiro de 2013 o BNG solicitaba a demisión da Ministra de Sanidade polas informacións que a vinculaban coa trama de corrupción Gürtel”. Máis, lamentou, “non só non dimitiu senón que vostede defendeu a súa permanencia diante da carteira de Sanidade a capa e espada, a morte. Algún día terá que explicarnos o por que desa defensa numantina, incomprensíbel aos ollos da cidadanía”.

“Rexenérense vostedes primeiro!”

bng40021Davila preguntou ao Presidente do Goberno de “que loita contra a corrupción nos fala Señora Rajoy? Que credibilidade ten para anunciar a esta Cámara e á cidadanía en xeral medidas para loitar contra a corrupción cando tardou tanto en destituir á unha Ministra involucrada nunha trama de corrupción das “gordas”?”.

A portavoz do BNG dixo a Rajoy que “ninguén lle pode crer porque segue sen enfrontar a situación e vén aquí a darnos lecións de rexeneración. Rexenérense vostedes primeiro!!”. Criticou que veña á Cámara a falar de dous proxectos de lei incluso após de que trascendese outro “caso dos gordos: o caso Púnica!”. “Outro serial de corrupción igualmente protagonizado por un destacado por un destacado líder do PP que é o Señor Granados. E suma e sigue. Poderíamos citar unha abultada lista de sonados casos: Bárcenas, Palma Arena, Zeta...”

Recriminou a Rajoy que acuda a defender medidas contra a corrupción a un pleno monográfico “dous anos após de que vostede mesmo as anunciase no debate do estado da nación. Lembra? Era febreiro de 2013. Pois sí que se deron presa! Cáseque ao final da lexislatura”. Preguntou ao Presidente do Goberno “de que rexeneración quer falar cando é no seu partido onde a corrupción campea ás súas anchas? Dígame como podemos rexenerar a dexeneración do PP?. É moi difícil, terá que ser vostede o responsábel de limpar a súa casa”.

Puxo de manifesto que a práctica clientelar, “e diso sabemos moito na Galiza, forma parte da natureza do PP”. Aludiu á contratación a dedo, aos “amaños”, ás manipulacións nos concursos públicos..”Deses ventos, estas tempestades porque o problema está na base, no feito de crer que estar á fronte dun cargo público da lexitimidade para facer o que se queira”.

Medidas insuficientes. “Que pasa coas portas xiratorias?”

Davila criticou as medidas expostas polo Presidente do Goberno pero “que ao noso modo de ver resultan insuficientes. Pide consenso, pois ben, escóitenos e acepten as propostas do BNG porque a gravidade da situación obriga a bastante máis”. A deputada nacionalista pediu normas que poñan fin ás portas xiratorias, á malversación de fondos públicos e ao tráfico de influenzas, privatizacións a favor de empresas con persoas “afíns”, adxudicacións de contratos públicos a dedo, adopción de regulacións públicas no urbanismo ou nas actividades económicas sectoriais que favorecen a persoas ou empresas que retribúen a cargos públicos”.

Olaia Fernández Davila pediu actuar contra as causas estruturais e reformar políticas que deixaron en máns de empresas o control de servizos públicos esenciais e pór rin ás privatizacións masivas. “Hai que extirpar as causas profundas da corrupción “que non só están en conductas individuais indignas senón tamén nas políticas privatizadoras do PP”.

No que atinxe ao control aos partidos políticos, “non se trata só de controlar as aportacións e donacións privadas, senón que hai que regular con maior racionalidade as campañas electorais”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG