Jorquera reta a Feijóo a comparecer no vindeiro pleno para explicar a fraude dos cursos

Jorquera reitera as preguntas ante a negativa de Feijóo a responder

O nacionalista preguntou por “terceira vez” cando vai “ asumir responsabilidades” o presidente da Xunta polo escándalo dos cursos de formación

Ate tres veces leva formulado o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera a pregunta a Feijóo sobre as súas responsabilidades no “escándalo dos cursos de formación” investigados xudicialmente sen acadar ningunha resposta do Presidente da Xunta.

 O parlamentario confirmou que o BNG insistirá nesta cuestión ate que o titular do Executivo galego ofreza explicacións “convincentes” e lanzoulle o retou para comparecer na Cámara a vindeira sesión plenaria, petición á que Feijóo non respondeu.

Vostede négase a comparecer e a crear unha comisión de investigación para non “politizar”, a ver se vai resultar que vostede e o resto dos cargos do Partido popular citados no sumario non son políticos, e no Parlamento “non se pode facer política”.

Neste sentido, abondou que facer política tamén é investigar se a Xunta “fixo un bo uso” dos recursos públicos para cursos de formación e acusou a Feijóo de construír “unha cortina de fume” para ocultar as súas responsabilidades, “é un mestre, dixo, manexando o ventilador”.

Feijóo segue sen responder á fraude dos cursos

O que nomeou ao director xeral, Odilo Mantiña, agora imputado, “foi vostede” e non é certo que fora a Xunta a que propiciara a investigación xudicial. Tamén é falso que o anterior Goberno, en funcións, concedera cursos ás empresas de Crespo, outra “falsidade” que segue mantendo para desviar a atención, remarcou o nacionalista.

Jorquera tamén explicou que non é delito conceder subvencións, o delito, o delito prodúcese cando cargos públicos e dirixentes do Partido popular usan as súas influencias para favorecer a empresas, que segundo o sumario” tivesen “financiado ilegalmente” ao PP.

Tras as evasivas de Núñez Feijóo a responder, deputado do BNG replicou que o Presidente da Xunta e tamén do Partido popular galego, “prefire seguir co ventilador” para non dar explicacións dos presuntos casos de corrupción “entre eles” dixo, varios exemplos nas bancadas populares.

En política, Sr. Feijóo, é suficiente a sospeita fundada dun comportamento pouco íntegro para poder sancionar e vostede non quere asumir algo tan elemental a pesar de que os indicios apuntan a que estamos ante unha “trama de financiamento ilegal” coa conivencia ao máis alto nivel.

Jorquera reitera as preguntas ante a negativa de Feijóo a responder

Pensa vostede dimitir, si ou non!

Finalmente, portavoz do BNG no Parlamento galego preguntou a Feijóo se está en condicións de afirmar ante o Parlamento que descoñecía que De Lucas traballaba de conseguidor para trama e taén para desmentir que advertiu a De Lucas dos pinchazos telefónicos.

“No sumario, alúdese a pagos en B por parte da trama ao seu partido”. Pode vostede afirmar que isto tamén é falso? E se a investigación demostra o contrario, “comprométese vostede a dimitir?” concluíu Jorquera.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG