Davila pide ao Goberno que presione á UE para voltar á anterior norma sobre aletas de quenlla

INDO Á TRIBUNAA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara para demandarlle ao Goberno que presione ante a Comisión Europea a fin de que se restitúa o reglamento comunitario anterior sobre aletas de quenlla.

A deputada do BNG que xa rexistrara anteriormente iniciativas sobre este problema, alerta nesta ocasión ao Goberno sobre as nefastas consecuencias que se están a producir xa na flota de palangre de Vigo e de A Guarda por unha normativa que só afecta ás frotas comunitarias, e da que quedan excluidas frotas como a china, a xaponesa ou a coreana.

Unha norma discriminatoria

Lembra Davila que a norma ICCAT 2014 obriga ás frotas comunitarias a descargar as aletas de quenlla adheridas ao corpo, sen que se poidan cortar a bordo. Unha decisión que provocou o malestar das frotas de palangre que demandan a volta á normativa anterior ou ben que se aplique o mesmo regulamento a nivel mundial, para todas as frotas que capturan esta especie. É preciso sinalar que as frotas de China, de Corea ou de Xapón poden mutilar ás quenllas a bordo e tiran o resto do escualo pola borda, mentras que as frotas comunitarias teñen que gardar as aletas aheridas ao corpo da especie.

De momento, advirte a deputada do BNG, a discriminación está levando a algúns barcos de palangre como en Vigo a apuntarse á listaxe de desguaces. “A frota de palangre de superficie galega, na súa maioría de Vigo e de A Guarda, non está no seu mellor momento económico. A norma de aletas adheridas supónlles maiores custes, e xa hai quince palangreiros de superficie de Vigo que piden o desguace”.

Destaca Davila a importanza da flota de palangre galega composta por douscentos barcos que se adican fundamentalmente á pesca de quenlla e de peixe espada, e que da emprego a miles de persoas “sostendo a economía local de moitas poboacións costeiras de Galiza”.

A norma anterior funcionaba perfectamente

Davila traslada ao Goberno o malestar do sector para coa Comisión Europea porque non defendeu os intereses das frotas comunitarias adoptando un papel máis activo para que a norma fose mundial. Demanda a volta ao regulamento anterior, “deixando claro que están en contra da práctica do finning, é dicer, a práctica de cortar as aletas no barco e tirar o resto do corpo pola borda”.

A deputada do BNG insta ao Goberno a facer presión perante a UE para que se volte ao anterior regulamento que permitía cortar no barco as aletas por un lado e o corpo da quenlla por outro. Ambas partes se conxelaban e se descargaban ao chegar a porto, onde se comprobaba que a proporción entre aletas e corpos coincidía. Era unha medida de control efectiva para loitar contra o finning como demostra a falla de denuncias contra barcos europeos entre 2003 e 2013.

En cambio, salienta Davila, a normativa actual “obriga a almacenar nas bodegas os escualos enteiros o que supón un aumento significativo dos custes.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG