Tereixa Paz defende que @s produtores poidan vivir “dignamente” da venda directa

Tereixa Paz

A parlamentaria reclamou, a través dunha proposición non de lei, medidas para complementar o decreto de etiquetaxe

Tereixa Paz en Comisión parlamentaria

A deputada nacionalista, Tereixa Paz criticou un decreto que establece que a venda directa nos mercados impida que produtoras e produtores non poidan seguir vivindo da súa actividade.

Paz recalcou que a venda directa representa a “entrada de ingresos” de moitas familias en plena crise económica e o PP agora tamén quere “mutilar” esta actividade. Ao seu xuízo, moitas familias non poden facer fronte ás cotizacións, “Seguridade social de máis de 300 euros” porque a súa actividade non da para iso. Isto é, dixo, especialmente sangrante no caso de moitas mulleres” que seguen sendo consideradas axuda familiar nas explotacións e as que a Xunta lles retirou as axudas para acceder ao pago da Seguridade Social. Por iso defendeu que este decreto sexa complementado con medidas para non volverse “ contra” as persoas que venden nas feiras, mercados e prazas de Abastos.

A voceira popular, García Pacín anunciou o voto contrario á iniciativa nacionalista xustificando o decreto e manifestando que as medidas propostas polo BNG “custaban cartos”.

 Na réplica, Tereixa Paz afirmou que o Partido popular prefire “destinar os cartos para financiar as caixas B en vez de axudar as prateiras e agricultoras a regularizar a súa situación” polo que vou reclamar: seguridade social reducida, terras para producir máis e mellor e promoción dos produtos da horta de calidade e saudables.

Asemade, na mesma comisión, a parlamentaria do BNG preguntou pola actual situación do Banco de terras “paralizado “ polo Goberno do Partido popular.DSC_0657

Ante as evasivas respostas do director xeral de Desenvolvemento rural, Antonio Crespo, a nacionalista acusou ao goberno galego de manter “unha postura chulesca” e desprezar ao Parlamento por non responder nunca sobre aquelas cuestións nas que as súas políticas fracasan, “vostedes están traumatizados co Bipartito” dixo Paz ante as continuas alusións de Crespo a ese período.

Finalmente a deputada recalcou que o Banco de Terras resulta imprescindible para que os gandeiros poidan seguir sendo competitivos a partir do mes abril cando desaparezan as cotas lácteas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG