Davila pide a Montoro que rebaixe a burocracia aos científicos do IEO porque perden proxectos

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para que o Ministerio de Facenda rebaixe a nova burocracia exixida aos investigadores e científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) que lles está dificultando e entorpecendo o labor investigador.

“Até tal punto que algúns científicos se viron obrigados a devoltar fondos xa aprobados porque non se poden investir nos prazos sinalados”, afirma Davila.

Explica a deputada do BNG que “Facenda está a pór obstáculos e pedras no camiños aos científicos do IEO que prexudica o seu labor investigador. Tanto é a sí que os traballladores dos nove centros do IEO existentes no estado español protangonizan unha movilización contra as novas medidas de “control de gasto” do Ministerio que está a dificultar e ralentizar incluso a contratación de personal a cargo dos proxectos de investigación”.

Non é a maneira de incentivar a Investigación

A deputada nacionalista recolle as queixas de científicos do IEO que explican que os procedementos exixidos por Facenda están burocratizando en exceso o labor. “Sinalan que os proxectos son analisados na parte científica e económica polos evaluadores das convocatorias públicas. Unha vez aprobados, son revaluados por cada institución. Pero a pesar de toda esta tramitación, Facenda quer outra fiscalización previa dos proxectos o que supón retrasar moito todo”.

A demora e a perda de tempo en burocracias “está a provocar que se pasen os prazos dos proxectos e os científicos teñan que devoltar incluso os cartos”.

Hai proxectos de investigación sobre a pesca en xogo

Davila considera “absurdo tanto requisito de Facenda, que non sabemos porque da tantas voltas, sobre todo cando os investigadores xa estaban obrigados a presentar os resultados mediante informes ou publicacións científicas, e cando os fondos xa eran auditados. Non ten ningún sentido xustificalos dúas veces”.

Olaia Fernández Davila advirte sobre as consecuencias para o labor investigador: “supón a paralización dos seus traballos, e neste caso, afecta a proxectos importantes para a pesca”. A parlamentar nacionalista demanda ao Ministerio de Facenda que alixeire a nova burocracia imposta aos proxectos de científicos do IEO e “lles deixe traballar con normalidade porque en realidade parecen manobras disuasorias”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG