O BNG apoia instar ao Goberno a recoñecer o Estado palestino pero o tilda "de acordo insuficiente"

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, asinaron o acordo acadado no pleno do Congreso entre todos os grupos en relación á necesidade de proceder á declaración do Estado palestino.

A sesión plenaria debatía unha proposición non de lei do grupo socialista sobre a declaración do Estado de Palestina. Unha proposición á que se lle presentaron emendas como unha conxunta do BNG con outras forzas políticas, ademáis dunha emenda do grupo popular. Finalmente, chegouse a un acordo transaccional que asinaron todos os grupos políticos que insta ao Goberno a recoñecer a Palestina como Estado, entre outros puntos.

O BNG foi un dos asinantes do acordo unánime aínda que Rosana Pérez o cualificou de “insuficiente" e “lonxe dos pronunciamentos feitos por Suecia, ou outros parlamentos europeos como o británicos, o Senado irlandés o a

Asamblea francesa dentros dunhas semanas”.

O BNG leva décadas pedindo o recoñecemento do Estado palestino

DSCF4789Na súa intervención, Rosana Pérez afirmou que o BNG "é precisamente das organizacións politicas asinantes deste acordo que nos parece insuficiente", e lembrou que o BNG "ven solidarizánose con Palestina desde hai décadas, hai mais de trinta anos que pedimos o recoñecemento do Estado palestino".

Neste sentio, recalcou, "é clara a nosa condena dos ataques de Israel e o noso rexeitamento da constante política de ocupación dos territorios palestinos que fai Israel de xeito ilegal e vulnerando os dereitos dos palestinos".

A deputada do BNG explicou que o BNG se suma ao acordo efectivizando un sí crítico porque tería gostado que tivese a forma adoptada en Suecia ou noutros parlamentos europeos. "En aras ao consenso, e porque sabemos da importanza deste acordo para os palestinos é a razón pola que asinamos o acordo".

Rosana Pérez quen explicou a proposta presentada polo BNG conxuntamente con outros grupos, salientou que non é preciso agardar a un recoñecemento por parte da UE, senón que cada estado pode ir avanzando o recoñecemento do Estado palestino como xa está a acontecer.

Rematou enfatizando que "para o BNG é insuficiente, pero agardarmos que sexa o principio dun camiño", "un paso que se da no camiño cuxo final, que agardamos sexa pronto, sexa o recoñecemento do estado palestio".

Deixou claro que o compromiso do BNG coa independenza de Palestina é claro, "o noso respecto polos dereitos palestinos está demostrado e confiemos en que chegue canto antes".

As deputadas do BNG participaron na foto conxunta que se realizou após do debate en compañía do Embaixador da Autoridade palestina e outros diplomáticos árabes.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG