A Subdelegacion do Goberno vulnerou dereitos fundamentais de Jorquera no acto de apoio a Aurelia Rey

JORQUERA

O xulgado contencioso-administrativo da Coruña condena á Subdelegación do Goberno por vulnerar os dereitos fundamentais do portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, en concreto o dereito de defensa e de liberdade de expresión e o dereito de reunión, demostrando que non respectou dereitos fundamentais básicos nunha democracia, como o liberdade de expresión e o de manifestación.

A sentenza tamén revela as manipulacións feitas desde a Subdelegación do Goberno da Coruña dos expedientes sancionadores, -que o BNG cualifica de expedientes políticos-, nos que se dan instrucións á policía para facer denuncias políticas non baseadas na protección da seguridade cidadá. Neste sentido, chama a atención que a denuncia ao portavoz parlamentario se inicie con data 27/03/2013, cando os

feitos ocorreron o 18/02/2013.

É dicir, que o proceso sancionador actívase mes e medio despois da concentración ante a casa da señora Aurelia Rey, a diferencia doutras denuncias que foron tramitadas ao Xulgado nos días inmediatamente posteriores. Para o Bloque evidencia a existencia dunha intervención política posterior á data da concentración

para perseguir a responsables do BNG. Unha manipulación do procedemento sancionador posto que, como demostra a sentenza, foi utilizada para impedir o exercicio de dereitos fundamentais.

O BNG considera que a sentenza proba que o PP usa a Delegación do Goberno dun xeito autoritario e instrumental, como apisonadora de dereitos fundamentais ao instruír expedientes a mantenta para sancionar a persoas polo feito de exercer ese dereitos para loitar por causas xustas como evitar deixar unha anciá na rúa.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG