O BNG quere converter en Lei o Plan de Normalización Lingüística

A escritora Marta Dacosta

A deputada do BNG, Ana Pontón censurou que o Parlamento conmemore, nun acto institucional , os dez anos dun Plan de Normalización da lingua galega que o Goberno segue sen executar.

Ana Pontón e Francisco Jorquera na concentración de "Queremos galego"

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón xunto o portavoz do grupo Parlamentario, Francisco Jorquera participaron  na protesta convocada pola Plataforma “Queremos galego” nas portas do Parlamento coincidindo co acto de conmemoración dos dez anos do Plan de Normalización da Lingua galega.

A parlamentaria anunciou que o BNG presentará nos vindeiros días unha iniciativa destinada a converter en Lei o actual Plan de Normalización Lingüística.

Asemade, Pontón cualificou de “ farsa” o acto institucional presentado pola Presidenta da Mesa do Parlamento galego, Pilar Rojo e xustificou a ausencia do BNG nun acto, que a so seu xuízo, representa “un insulto” dun Goberno que incumpre sistematicamente o Plan de Normalización Lingüística e de Normalización da Lingua galega. Agora, dixo, “pretenden aparecer como defensores do galego” cando a política do Goberno de Feijóo traballa na súa contra, “isto é un insulto para todos os galegos e galegas”.

A escritora Marta Dacosta

A parlamentaria considerou que é unha “mostra de cinismo” que Feijóo volva a reducir as partidas dos orzamentos para a normalización da lingua galega e cualificou de “escándalo” que o Presidente da Xunta “gaste tanto en asesores como en normalización lingüística”, 6.3 millóns de euros en asesores fronte a 6,7 para normalizar a lingua galega.

O BNG quere converter en Lei o Plan Xeral de Normalización Lingüística

Neste sentido, afirmou que o “desamparo e falta de dereitos reais da nosa lingua” require unha dotación moi superior. O BNG, recalcou, está do lado da lingua galega e de todos os galegos e galegas que reclaman a normalización polo que anunciamos que nos vindeiros días levaremos a debate unha iniciativa para elevar a “rango de Lei” o Plan de Normalización Lingüística” e rematar coa “burla” do incumprimento dun plan que foi aprobado por unanimidade e que segue sen aplicación.

Marcos Maceira,  presidente da MNL,

Rexeitamos un Goberno que “vai en contra” do dereito inalienábel de normalización da lingua galega. Non queremos que o noso idioma continúe no “apartheid”, reiterou.

Coincidindo co acto institucional no Parlamento galego, a Plataforma “Queremos galego” mantivo as súas protestas con diversas intervencións de escritores/as, músicos, actrices, organizacións sindicais e membros da Mesa pola Normalización Lingüística reivindicando a normalización real do idioma galego.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG