O BNG lamenta que o PP non actúe contra a avéspora asiática

A deputada, Tereixa Paz reclamou ao Partido popular solicitar do Goberno un Plan de actuación fronte unha avéspora que ameaza a actividade apícola en Galiza

Tereixa Paz en Comisión

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz lamentou hoxe o voto en contra do Partido popular á Proposición non de lei nacionalista que esixía un Plan de actuación contra a avéspora asiática.

A deputada explicou que o insecto apareceu por primeira vez en Galiza no ano 2012, e de non actuar de maneira planificada converterase nun grave problema, tanto para a seguridade das persoas como para a pervivencia das abellas e de moitas colmeas.

Na súa intervención, Paz resaltou os problemas para a actividade apícola e o medio ambiente xa que as abellas,dixo, como axentes polinizadores, son as garantes da biodiversidade pero tamén económico porque ameaza unha actividade que cada vez está máis implantada en Galiza.Por outra banda, ademais da ameaza para as colmeas tamén resulta preocupante nos fitosanitarios e as enfermidade das abellas

Dende o BNG, dixo, denunciamos a “inacción” da Xunta ante este grave por limitarse a facer unha campaña divulgativa en relación coa identificación da avéspora asiática e á concienciación da cidadanía en alertando ao 112 para intentar a eventual eliminación do niño.

Tendo en conta o grave perigo de que se implante de forma definitiva esta avéspora en Galiza,dixo, reclamamos que ao igual que están facendo outras comunidades, a Xunta de Galiza elabore e poña un marcha un plan de actuación con implicación do conxunto do Goberno para evitar a súa proliferación e intentar a súa erradicación.

A parlamentaria alertou da necesidade urxente dun Plan contra a avéspora para evitar que na primavera eclosionen milleiros de novas avésporas dos niños. As medidas, ao seu xuízo, deben facerse de maneira conxunta coa Asociación Galega de Apicultua, expertos na materia e organizacións ambientalistas e ecoloxistas.

Este plan debe ser, ademais, “sistemátic”o e non depender unicamente de que a cidadanía denuncie o avistamento de niños, abondou.

Finalmente, a proposición non de lei defendida pola deputada do BNG foi rexeitada polo PP.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG