Rosana Pérez solicitou que comparezan por Navantia dous Ministros e o Presidente de Navantia

_J0C8787A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou unha serie de comparecencias de altos cargos do Goberno debido á decisión de desviar oito blocos do flotel para Pemez aos asteleiros de Cádiz. En concreto, a deputada do BNG solicitou a comaprecencia do Ministro de Facenda, do Ministro de Defensa e do presidente de Navantia.

Esta decisión causou onte un profundo malestar entre a plantilla de traballadores de Navantia na Rïa de Ferrol, na sociedade ferrolá e en organizacións políticas como o BNG que "levamos meses advertindo da pouca confianz que nos producian as nada transparentes noticias sobre a carga de traballo, e a última xogada do Consello de Ministros de pasar a Defensa a xestión dos asteleiros públicos".

Rosana Pérez confésase "indignada polo que considera unha auténtica tomadura de pelo do Goberno e tamén da Xunta, que asiste sempre como un convidado de pedra a todo o que decide a SEPI sen revolverse perante inxustizas como esta".

A deputada do BNG afirmou que "decisión como ésta veñen a corroborar o que sempre sostivemos: non podemos fiarnos da dirección da empresa pública, nin da SEPI nin do Goberno porque só hai unha historia de enganos, falsedades, mintiras e falla de transparencia". A decisión de xullo de pasar a Defensa a xestión da política industrial xa "nos puxo en garda, por iso rexistramos varias iniciativas parlamentares e comparecencias porque non nos fiamos, e porque unha xogada así ás portas do levantamento do veto en xaneiro de 2015, fíxonos desconfiar".

O flotel íase facer íntegramente en Ferrol, agora "empezan cos desvios de carga de traballo, disque para cumprir un calendario. É indignante que se xogue así cos traballadores e coa empresa. É unha irresponsabilidade, e desde logo, os máximos responsábeis deben acudir ao Congreso a dar explicacións de imediato".

Así, explicou que o luns o BNG rexistrará estas comparecencias, ademáis de anunciar que no marco das comparecencias de ORzamentos que empezarán o 1 de outubro, o BNG pedirá a da SEPI e a do Presidente de Navantia.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG