O BNG pide que compareza Beatriz Mato para explicar os motivos do cese do director xeral

A deputada nacionalista,Montse Prado considera que o cese do Director xeral de Traballo e Economía Social da Xunta investigado por presunto “fraude de fondos públicos” en cursos de formación, require unha explicación da conselleira Beatriz Mato en sede parlamentar

Montse Prado

O BNG ven de solicitar a comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato ante o cese do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, decidido na reunión do último consello da Xunta celebrado o 25 de setembro.

A deputada lembra que tras o anuncio do cese, Martiñá foi chamado pola policía para declarar na investigación sobre a trama de cursos de formación subvencionados pola consellería de Traballo para a realización de diversos talleres de formación dentro do Plan Integral de Emprego, cursos que finalmente non se celebraron, “foi contratado menos persoal do declarado e non hai constancia de alumnos e alumnas que recibiran os devanditos cursos”, afirma a nacionalista.

Por outra parte, diversas informacións aseguran que a policía realizou un rexistro nas dependencias da consellería de Traballo incautando diversa documentación, posibelmente relacionada con axudas aos cursos de formación

Resulta moi estraño, manifesta a deputada do BNG, que a máxima responsábel da Consellería de Traballo descoñeza o contido das declaracións do director Xeral ante a policía. É necesario que a conselleira compareza para esclarecer o acontecido, “tanto do cese fulminante do director xeral como das declaracións e o rexistro da policía efectuado na Consellería de Traballo.”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG