Rosana Pérez pediu que a SEPI clarifique se Navantia vai quedar relagada ao militar

_J0C8772A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou esta mañá a comparecencia do Presidente da SEPI, Ramón Aguirre, para que acuda canto antes á Cámara a informar sobre “cal é a verdadeira estratexia empresarial de futuro para o sector naval público e para que clarifique se a intención é a de destinar en exclusiva á construción naval militar”.

Ademáis, a deputada do BNG rexistrou unha pregunta parlamentar para demandar ao Goberno que explique as razóns de ter traspasado a responsabilidade de control e planificación das políticas do sector industrial, entre as que está o naval, ao Ministerio de Defensa. Decisión adoptada nun Consello de Ministros do pasado 25 de xullo.

“Unha decisión que nos sorprendeu, especialmente cando desde o Goberno e desde a Xunta se fixo bandeira do levantamento do veto que pesa sobre Navantia Fene, e que rematará o vindeiro 1 de xaneiro de 2015”, sinala Rosana Pérez. “Como se explica esta modificación competencial cando a partir de xaneiro se levanta o veto? Que sentido ten cando estamos ás portas de novas posibilidades no eido civil, ou iso se supón?”, son algunhas das preguntas que a deputada do BNG formula ao Goberno.

A SEPI ten que aclarar que vai pasar con Navantia

Rosana Pérez pón de manifesto que o levantamento do veto abre novas esperanzas “para a vapuleada plantilla de traballadores dos estaleiros da Ría de Ferrol que siguen a viver un calvario de incertidume debido á falta de traballo. E os proxectos que vai enunciando o Goberno non son máis que vaguedades”. Enfatiza que “precisamente a apertura cara a construción naval civil era a vía que agardando desde que se impuxo o veto”.

Máis, advirte Rosana Pérez, o traspaso da responsabilidade a Defensa, xunto “coas manifestacións realizadas polo Presidente da SEPI no informe anual de actividade de Navantia, avogando pola creación dun grande Grupo Europeo do Naval militar, sitúannos perante o pior dos temores e agrandan o oco da nosa sospeita”. A idea dun grande Grupo Europeo tamén está na estratexia de Defensa.

A deputada do BNG acusa á SEPI de falla de información e transparencia que “nos fai sospeitar de que o camiño segue a ser o da construción naval militar”.

Finalmente, Rosana Pérez pregunta ao Executivo que “disposición ten a atender a proposición non de lei aprobada no Parlamento galego o pasado 16 de setembro, que demanda á Administración central unha xestión descentralizada de Navantia-Ferrol, que a dote de autonomía empresarial.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG