Davila afirma que a retirada da lei do aborto "é un éxito das mulleres e da presión socio-política"

CONGRESOA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, afirmou nunha comparecencia pública realizada na Cámara Baixa que “a retirada do anteproxecto de reforma da lei do aborto era algo agardado e se produce grazas á movilización social, ás mulleres e á presión política que exercemos desde distintas formacións como o BNG”.

Engadiu Davila que “o que se plantexaba no anteproxecto de Gallardón era retrógrado, reaccionario e pretendía anular unha lei que está a funcionar porque otorga liberdade de decisión ás mulleres, e lles da garantías xurídicas e sanitarias”.

“É un éxito das mulleres, das movilizacións sociais e dos grupos políticos da oposición”, remarcou. “Moitas mulleres traballamos para frear o anteproxecto e que non se levase a cabo”.

En relación ao anuncio do Goberno de Rajoy de que reformará a actual normativa vixente no que atinxe ao consentimento paterno e materno das menores de 16 e 17 anos para interrumpir o seu embarazo, Davila puxo de manifesto que a actual lei “xa contempla esas garantías para os caos de mala relación paterno-filial, cando no hai consentimento dos proxenitores, posto que neses supostos as menores teñen que contar cun consentimento de servizos sociais, e deben estar acompañadas dunha persoa de servizos sociais”. Polo tanto, concluiu, é falso que se deban dar garantías nos supostos das menores, “xa existen”.

Gallardón debe demitir

Olaia Fernández Davila considera que “o feito de que o Goberno, e en concreto o seu Ministro de Xustiza nos tivera ás mulleres un ano e medio nesta inquedanza, e o feito de que hoxe fose totalmente desacreditado e desautorizado ao non ir adiante unha reforma da lei do aborto que foi empeño seu, debería levar ao titular de Xustiza a unha rápida reflexión, a asumir as súas responsabilidades e demitir”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG