Adán espétalle a Conde : “Pasamos de Galiza é unha mina a, Galiza é unha caldeira”

Carme Adán

A parlamentaria censurou que o titular de Industria anuncie un modelo que “queima en masa para promocionar a Ence e Finsa” e non por un verdadeiro “modelo enerxético galego”

Adán diríxese ao Conselleiro de Industria

Pleno- A deputada do BNG, Carme Adán acusou ao conselleiro de Industria, Francisco Conde de utilizar o Parlamento galego para seguir facendo propaganda e carecer dun verdadeiro modelo enerxético para as persoas e familias galegas.

Tras a comparecencia do titular de Industria, á petición propia para informar do futuro das enerxías renovables en Galiza, a nacionalista considerou que, unha vez máis, a intervención do conselleiro constata a ausencia do modelo enerxético do Partido popular para Galiza.

O PP leva segue facendo propaganda coa enerxía galega

Sobre o futuro, dixo, e despois de ler a páxina web da Xunta na que o propio Feijóo salienta o compromiso do Goberno coa enerxía e medio ambiente, e sobre todo en biomasa, só podemos dicir que pasamos de “ Galiza é unha mina, a Galiza é unha caldeira” onde se mobilizan, outra vez, 480 millóns de euros, 1.000 empregos directos e non sabemos cantos indirectos porque a estas alturas, xa non acreditamos na “propaganda do Partido popular”.

Despois de abandonar o monte, como ten denunciado o BNG durante anos, agora resulta que temos madeira de pouca calidade e vostedes queren queimala en masa para promocionar a Ence e Finsa e non apostar pola “biomasa residual como modelo” máis acaído.

Unha cruzada contra as renovábeis e a autonomía enerxética

Para a deputada, o Partido popular iniciou unha “cruzada contra as renovábeis”, o autoconsumo e contra todo o que signifique autonomía enerxética. Non se esqueza, puntualizou, a nacionalista que as cooperativas e os consumidores levan anos facendo investimentos durante os últimos anos, “non se esqueza e diga algo ao respecto”, a non ser que non lle interese que “Galiza teña autonomía enerxética”.

Carme Adán

No País Vasco e Asturias, abondou, Adán estudan unha tarifa eléctrica, mentres vostedes veñen ao Parlamento a seguir “facendo propaganda”. En Alemaña, por falar de Europa, o 27 % da enerxía eléctrica está producida por cooperativas de enerxías renovábeis. O PP, sen embargo, segue apostando polo modelo de grandes eléctricas e que Ence continúe arrendando terras a custes moi baratos para queimar eucaliptos.

A deputada denunciou que o PP non limitou o déficit tarifario, de feito, “segue subindo” tampouco deu resposta a pobreza enerxética Seguimos agardando polo “modelo enerxético do PP para persoas e familias”, reiterou.

Sobre o concurso eólico, Adán dixo ser “o maior fracaso industrial de Galiza”, despois de publicitar 13.000 de traballo, fican 1.800; na biomasa introducen especies que converten o “monte galego nun polvorín” e os cultivos enerxéticos, seguen sen unha fiscalidade diferente”. Explíquenos dunha vez, cál é o modelo de enerxía que ten o PP para Galiza, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG