Rosana Pérez pide a Fomento que desbote o trazado elexidos para o tren a Punta Langosteira

_J0C8787A deputada do BNG no Congreso, Rosana Perez, presentou na Cámara unha pregunta parlamentar na que pide ao Ministerio de Fomento que retroceda e abandone a opción do denominado trazado número 3 para a construcción do Acceso Ferroviario ao Porto Exterior de Punta Langosteira.

Rosana Pérez advirte a Fomento que a alternativa escollida “provocou o malestar e a preocupación da veciñanza da zona porque finalmente se optou polo trazado que a Autoridade Portuaria xa incluira nun documento de 2013, e que conta cun amplo rexeitamento social e político no municipio de Arteixo, pola seu grave impacto sobre os núcleos de poboación de Uxes, Santa Icía e Rañobre.

“É consciente Fomento de que se trata do trazado máis perxudicial, tantos nos núcleos nomeados como tamén na factoría de Ferroatlántica? Dada a existencia de catro alternativas, como é posíbel que se decantara pola que ten maior oposición social e política? Non sería mellor que o Ministerio abandonase esta alternativa, e abrise un diálogo co concello de Arteixo e cos veciños a fin de consensuar a opción máis favorábel para todos?, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe ao Ministerio presidido por Ana Mato.

Débese estudar outra alternativa

Lembra Rosana Pérez que a Direción Xeral de Ferrocarrís publicou o pasado 31 de xullo, en plena época estival, o anuncio de exposición pública do Estudio Informativo do Acceso Ferroviario ao Porto Exterior de Punta Langosteira. O Ministerio elaborou catro propostas diferentes para comunicar a rede ferroviaria co porto exterior, pero só se consideraron dous delas, e finalmente, elexiuse a número tres, a do corredor sul.

Ademáis da oposición social e política, existe tamén certa inquedanza entre os traballadores da factoría de silicio Ferroatlántica, porque o trazado pasa moi próximo á fábrica. Segundo sinalan os representantes dos traballadores, as obras terían un impacto importante sobre o almacenamento ao ar libre e baixo cuberta.

Asemade, a parlamentar nacionalista advirte ao Ministerio de que o trazado elexido vai ter numerosas alegacións porque xa fora rexeitado no concello hai un tempo. Rosana Pérez afirma que “abrir un Porto como o de Punta Langosteira sen conexións ferroviarias, sobre todo cando está pensado para o tráfico de mercadorías, é unha deficiencia que o BNG sempre criticou. O inicio dos trámites chega con moito retraso pero é o noso deber instar a Fomento a reflexionar sobre o trazado escollido polo seu elevado impacto”.

Nese sentido, empraza a Fomento a abrir unha mesa de diálogo co concello e os veciños a fin de poder consensuar a alternativa máis favorábel.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG