Francisco Jorquera denunciou a falta de explicacións da Xunta sobre a retirada de dúas iniciativas incluídas na orde do día
O portavoz do do G.p do BNG, Francisco Jorquera expresou hoxe a súa enérxica protesta ante a retirada de dúas iniciativas nacionalistas incluídas na orde do día da comisión de Economía e Facenda sen que a Xunta comunicara nin sequera de maneira verbal o aprazamento.
Para o deputado, o Goberno ten a facultade de delegar en calquera conselleiro, director xeral, secretario ou subsecretario as respostas ás preguntas formuladas, sen embargo, non o fixo e decidiu retiralas da orde do día, isto, afirmou, é unha falta de respecto.
Sorpresa e perplexidade
Jorquera, tras tomar a palabra por unha cuestión de orde, asegurou que ningún representante do Goberno tivo a deferencia de poñerse en contacto co BNG. A decisión de retirar as iniciativas prodúcese a través de dous escritos con menos de 24 horas do inicio da comisión quedando o BNG sen iniciativas na mesma.
O nacionalista mostrou a súa sorpresa ante a decisión de retirar ambas iniciativas nacionalistas xa que o artigo 156.2 do Regulamento permite que mesmo un subdirector da Admisntración pública poda responder, ningún podía asistir hoxe? Preguntou.
Nunha das preguntas o BNG solicitaba información sobre as negociacións do Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimento e as súas consecuencias en Galiza e o director Xeral de Relacións exteriores coa U.E tampouco pode asistir para render contas, que casualidade!, exclamou.
Sobre esta cuestión explicou que a negociación do tratado levase en secreto e os documentos oficiais que a rexen estarán pechados ao público polo menos 30 anos incumprindo a regra 1049/2001 que establece que todos os documentos das institucións europeas deben ser públicos, non deixa de ser curioso! volveu exclamar o deputado.
O Goberno altera ao seu antollo a orde do día das comisións
Jorquera lembrou que non é a primeira vez que o Goberno procede deste xeito, comportamento que ao seu xuízo, degrada o Parlamento.
Finalmente, o portavoz do G.p do BNG solicitou ao presidente da comisión trasladar a protesta á Presidenta do Parlamento.