As deputadas do BNG celebran no Congreso o referendo de Escocia

ESCOCIA 007ESCOCIA 001A portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, e Rosana Pérez, posaron este mediodía xunto con outras formacións políticas (ERC, Amaiur, CIU, PNV, Geroa Bai, Nueva Canarias, Compromís) no escritorio da Cámara xunto cunha bandeira escocesa en apoio ao referendo que se está a celebrar en Escocia para votar a favor da independencia ou en contra.

Na súa intervención, Davila amosou a ledicia do BNG "polo que se está a vivir hoxe en Escocia, e que é a demostración de que as cousas se poden facer ben, recoñecendo ás nacións sen estado da UE o dereito a decidiren libremente o seu estatus xurídico-político". Recalcou que "alí teñen liberdade para decidiren sobre o seu futuro á marxe do resultado final".

"Algo que debería ser un modelo a seguer polo Goberno español para que as nacións sen estado como son Galiza, Catalunya e Euskadi, tamén poidan decidir con liberdade".

Desde logo, puntualizou Davila, "o día de hoxe é unha lección para o estado español".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG