Montoro négase a devolver de oficio a emigrantes retornados as sancións e intereses

OLAIA ESCANO 2A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, formulou esta mañá no Pleno da Cámara Baixa interpelación ao Ministro de Facenda, unha interpelación ao Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, polo problema xerado coa tributación das pensións estranxeiras de emigrantes retornados.

Na súa intervención, Davila dixo a Montoro que a modificación que fai o Goberno na lei do IRPF que está en tramitación no Congreso en relación a este tema “é insuficiente”. Lembrou que se limita a abrir un prazo de seis meses desde o 1 de xaneiro de 2015 para que tributen retroactivamente, desde 2008, polas pensións do estranxeiro. Ademáis, de que os emigrantes retornados terán que solicitar eles a devolución das sancións e intereses de mora, porque Facenda non os devolve de oficio.

Olaia Fernández Davila reprochou a Montoro a proposta que fan porque “anuncian unha rectificación pero implica que terán que pagar retroactivamente desde 2008, e por riba, que para recuperar o importe das multas e dos intereses de mora, deberán solicitalo. Nin siquera o Goberno decide devolvelo de oficio, senón que vai obrigar a persoas maiores a ter que tramitar solicitudes, o que suporá que terán que recorrer a asesorías e demáis”.

Davila recriminou a Montoro as súas contradicións neste tema e que “actúen por puro afán recadatorio”. “O Goberno recoñeceu importes indebidamente cobrados, pero aínda así non facilita a devolución”. Pediu ao Ministro “sensibilidade e evite que teñan que reclamar os importes”.

A deputada do BNG instou a Montoro a plantexar a obriga de tributar polas pensións do estranxeiro desde que fique clara a lexislación, que podería ser desde o 2013 ou desde o 2014. “Teñen a oportunidade de aclarar isto nas reformas fiscais en tramitación”. Tamén preguntou ao titular de Facenda que “unha veza que fan este recoñecemento de que non houbo fraude por parte destas persoas, e anuncian a devolución de sancións e intereses de mora, por que continúan tramitando expedientes sancionadores?”, xa que desde o 1 de agosto moitos emigrantes siguen recibindo multas.

Davila explicou ao Ministro de Facenda que moitos emigrantes retornados, persoas maiores, “están a axudar coas súas pensións ás súas familias con membros en paro”. Preguntou a Montoro se está disposto a eliminar a retroactividade no pago das pensións do estranxeiro, van a devolver de oficio os importes de sancións e intereses e van paralizar o envío de sancións?”.

A parlamentar nacionalista trasladou a Ministro o sentir do numeroso colectivo de emigrantes retornados que aínda que ven un avanzo positivo o contemplado no proxecto de reforma fiscal, o consideran insuficiente e incompleto. Instou a Montoro a aclarar a lexislación ambigua para evitar a dupla imposición.

RESPOSTA DE MONTORO A DAVILA

O Ministro centrou os seus argumentos nas propostas contidas na reforma da lei do IRPF. Dixo que as medidas son para os emigrantes retornados e tamén para os estranxeiros retirados no estado español. Admitiu a Davila que “en ningún momento se advertiu un comportamento doloso”, nos emigrantes retornados.

Máis defendeu a apertura dun prazo de seis meses desde o 1 de xaneiro de 2015 para regularizar a tributación desde 2008. Deixou claro que non está disposto a atender a solicitude de anular a tributación retroactiva como lle demandou a deputada do BNG. Só engadiu que “poderá haber aprazamento e fraccionamentos”.

O Ministro de Facenda falou de 34.412 afectados, e sinalou que haberá que devolver uns 20 millóns de euros por parte de Facenda.

RÉPLICA DA DEPUTADA DO BNG

A deputada do BNG criticou a resposta do Ministro centrada nas propostas contida na reforma fiscal. “Obrigan a este colectivo a reclamar” e dan un prazo de seis meses para o pago desde o 2008. “É inxusto porque vostedes recoñecen que se cobrou inxustamente, e os tratan como defraudadores. Teñen afán recadatorio con persoas con poucos recursos, pero non teñen afán cos que máis teñen, a eses fánlles amnistías fiscais”.

“Señor Montoro é consciente de que estamos a falar de persoas que cobran 700, 800 ou 900 euros, e queren obrigarlles a pagar desde o 2008. Sabe o que supón 3.000 ou 4.000 euros para estas persoas que sosteñen familias donde son os únicos ingresos?”.

Dixo a Montoro que “se sabe todo isto, debe entendelo e asumir as súas demandas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG