O BNG pide a Interior que anule as sancións a preferentistas por exercer o dereito a movilizarse

FOTOS AVALIACIÓN MONTORO 2013 003As parlamentares do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e Rosana Pérez, presentaron iniciativas na Cámara Baixa instando ao Ministerio de Interior a anular as multas impostas a persoas afectadas pola grande estafa das participacións preferentes e subordinadas por organizar e participar en manifestacións e actos de protesta en defensa dos seus lexítimos dereitos.

Olaia Fernández Davila pón de manifesto que varios afectados presentaron demandas pola vía xudicial reclamando a retirada das sancións impostas. Lembra as movilizacións que preferentistas se viron obrigados a facer nos dous últimos anos a fin de denunciar o enorme engano financiero de que foron obxecto, e reclamar a recuperación dos seus aforros, logrados despois de moitos anos de traballo.

“Non tiverno máis saída que organizarse e movilizarse fronte a un abuso bancario. Grazas á súa loita conseguiron recuperar parte ou a totalidade dos cartos investidos en productos tóxicos”, sinala, e “a pesar de que desde a Administración do Estado se intentou en todo momento rebaixar o tón do problema, tratando de relegalo a algo menor, a unha simple cuestión de orde pública para só transmitir unha situación de conflicto en lugar de resaltar o engano financeiro”.

Unha inxustiza

Denuncia a portavoz do BNG que “a pesar do loábel da súa loita, sempre pacífica, foron obxecto de persecución policial como se fosen delincuentes, e se lles aplicou una extrema vixianza por parte das forzas e corpos de seguridade do estado, até o punto de seren sancionados e multados”.

As parlamentares nacionalistas poñen de manifesto que “mentras as denuncias efectuados pola vía xudicial se están a arquivar ao non se apreciar ningún indicio de comisión de faltas, prosíguese coa apertura de expedientes administrativos contra integrantes destas Plataformas de afectados”.

Davila precisa que só na provincia de Pontevedra o conxunto de sancións impostas acadan un total de 20.000 euros. “Multas que consideramos totalmente desmesuradas, desproporcionadas e inxustas que prexudican fortemente a persoas que xa sofriron un golpe económico aos seus aforros”.

Por estas razóns dirixe unha batería de preguntas ao Goberno: “Vai o Ministerio a anular as sancións? Non cre que estas persoas xa pasaron por un auténtico calvario durante estes dous últimos anos por teren sido vítimas dunha grandes estafa financeira? Que disposición ten o Ministerio de Interior, através das distintas Subdelegacións do Goberno e o do Delegado do Goberno na Galiza, a manter reunións coas persoas multadas para retirarlles as sancións?”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG