BNG e FUNDACIÓN "GALIZA SEMPRE" REPRESENTAN A GALIZA NO FORO DE SAO PAULO

Galiza participa, a través do BNG e Fundación Galiza Sempre, no encontro máis importante da esquerda latinoamericana

FORO DE SAU PULO

A secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda, emprendeu a viaxe a Bolivia para participar na XX edición do Foro de São Paulo, Foro Internacionalista que reúne á esquerda latinoamericana.

O Foro que se celebra en La Paz (Bolivia), acollerá a máis de 650 representantes de partidos políticos da esquerda e organizacións sociais de toda América Latina, así como organizacións políticas de varios continentes. Evo Morales, Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia, inaugurará o Foro que conta como anfitrión o Movimento al Socialismo-IPSP de Bolivia.

Galiza estará representada polo BNG e a Fundación Galiza Sempre, a través da Secretaria de Política Internacional e vogal de Exteriores da Fundación nacionalista, Ana Miranda, quen se desprazou onte a Bolivia para participar na programación do Encontro lationamericano.

O BNG participou nas edicións de 2003, 2007 e 2010 representando ao nacionalismo galego

Nesta ocasión, a representante nacionalista participará activamente nos diferentes talleres e plenarias do Foro, así como no I Encontro de Democracia dos Pobos, no Encontro de Parlamentares e Encontro de Mulleres.

O Foro de São Paulo (FSP), é un dos foros internacionalistas máis importantes, constituído en 1990, cando partidos de América Latina e el Caribe reuníronse por convite do Partido dos Trabalhadores (PT Brasil) co obxecto de debater unha alternativa popular e democrática ao neoliberalismo que iniciaba unha fase de amplia implementación mundial.FOTO FORO DE SAO PAULO

O balance político demostra, ano tras ano, a crecente influencia dos partidos del Foro de São Paulo en América Latina, gobernada na actualidade por unha maioría de partidos de esquerda, integrantes do FSP. Ademais de traballar en asuntos de integración rexional, o FSP mantén estreita relación e interlocución cos movementos e organizacións sociais do continente e con organizacións políticas doutros continentes como o BNG.

Neste evento internacional debateráse sobre a coxuntura internacional, consecuencias das políticas neoliberais, loita contra a pobreza e necesidade de movementos sociais.

Pola súa parte, Ana Miranda intervirá no plenario do Foro cunha ponencia sobre a situación de Galiza no contexto de neoliberalismo das políticas de austeridade e recortes aplicadas pola Troika e polos Gobernos español e galego. A axenda da nacionalista contará asemade con reunións bilaterais co Secretaria do Foro, con representantes de diferentes formacións políticas políticos e organizacións sociais latinoamericanas.

Programa: http://forodesaopaulo.org/programa-do-xx-encontro-do-foro-de-sao-paulo

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG