O BNG AMOSA A SÚA REPULSA ANTE UN NOVO ASESINATO MACHISTA

Carme Adán pide ao Goberno de Feijoo “medidas reais e eficaces” para previr os asasinatos de mulleresbarriga-com-frase-contra-o-machismo

Ante o novo asasinato machista rexistrado en Galiza nas últimas horas, o BNG condena a pasividade das administración e reclama solucións reais contra a violencia que padecen as mulleres.

A portavoz do BNG de Política de Igualdade, Carme Adán, afirma que “non chega con lamentar os asasinatos machistas como habitualmente fai o Partido popular. O Goberno de Feijóo debe desenvolver a lei galega dotándoa de orzamentos, programas e recursos como recolle o propio texto”.

Came Adán

A parlamentaria critica os recortes que o Goberno Feijóo realizou en todas as partidas orzamentarias para igualdade e asegura que desde que é Presidente, as partidas destinadas á políticas de Igualdade “sufriron un recorte maior ao 50% e eliminou programas para a prevención da violencia de xénero”.

Para a deputada, a violencia machista é expresión da desigualdade entre homes e mulleres e as decisións do Partido popular, nesta materia, representan o seu desprezo polas políticas de Igualdade. Adán destaca entre esas medidas o apoio do PP a colexios que segregan as nenas e o impulso da reforma da lei do aborto, isto, recalca a nacionalista, “son claros retrocesos nos dereitos das mulleres”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG