A Unión Europea non é a solución, é o problema!

xornada-europa-675Inscríbete na xornada, aberta e pública, chamando ao 981555850, enviando un correo electrónico a "[email protected]" ou utilizando o seguinte formulario.

 

HORARIO E PROGRAMA

10h00: Benvida e presentación.

- Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra.

- Guillerme Vázquez Vázquez, Presidente da Fundación Galiza Sempre

- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

10h15: A UE como modelo de capital globalizado.

Modera: Saleta Chao Rivas

Intervencións:

- Modelo económico e social da UE. A resposta da UE e a “troika” ante a crise. Bernardo Valdês, profesor de economía da USC.

- Papel da UE no cotexto internacional. Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras

- Homoxeneización, xerarquización, asimilación cultural e lingüística na UE. Pilar García Negro, Doutora en filoloxía románica, profesora titular da Universidade da Coruña.

11h15: A destrución da capacidade produtiva na periferia europea: impacto na Galiza das políticas económicas da UE.

Modera: Eva Vilaverde

Intervencións:

- Impacto na pesca, Bieito Lobeira, secretario de organización na executiva do BNG

- Impacto no agro. Edelmiro López Iglesias, profesor de economía na USC.

- Impacto na industria naval e emprego. Francisco Rodríguez, Consello Nacional do BNG.

12h15: Vontade popular, soberanía, dereitos e liberdades no seo da UE. A democracia secuestrada.

Modera: Adrián Dios Vicente

Intervencións:

- Dereitos das mulleres. Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento de Galiza.

- Dereitos sociais claudicantes fronte á expansiva presión do mercado na UE. Alba Nogueira, Profesora de Dereito Administrativo na USC.

- A Gobernanza da UE e a crise da democracia. Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo na UdC.

13h15: A concentración económica e política nas institucións da UE como resposta á crise. A alternativa do BNG.

Modera: Xavier Campos

Intervencións:

- Crise política e institucional na UE, o déficit democrático das institucións europeas. Balance do traballo do BNG no Parlamento Europeo. Ana Miranda, eurodiputada do BNG 2012 – 2013

- As nacións negadas na UE, a presenza directa de Galiza ante a UE e a defensa da soberanía para sobrevivir. Héitor López de Castro

- As alternativas do BNG para a UE: Que UE sería defendíbel e asumíbel? Pódese contemplar a saída da UE?. Rosana Pérez Fernández, deputada no Congreso polo BNG.

14.00: Peche.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG