Davila a Guindos:"Retiren o Decreto das quitas ás preferentes e arbitren medidas para recuperar todo

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, demandou ao Ministro de Economía, Luis de Guindos, que “retiren o Real Decreto das preferentes e arbitren medidas para recuperar o 100% porque falamos dos aforros de familias para momentos de necesidade”.

“Métase na pel dos afectados”

Davila apelou a Guindos a “meterse na pel dos afectados. Foron estafados e enganados polos bancos e vostés seguen beneficiando á banca”. A pesar das palabras do Ministro, a deputada do BNG enfatizou que “os que imos pagar somos os contribuíntes. A banca agora ten fondos de todos. Vostés non tiveron problemas en lles dar cartos de todos. Non dean máis fondos aos bancos”.

O Pleno do Congreso debatía a convalidación do Real Decreto 6/2013, de 22 de marzo, de protección a los titulares de determinados productos de aforro e inversión de carácter financeiro. O que se coñece como quitas das preferentes e ao que se opuxo o BNG.

Acusou ao Ministro de “non dicer a verdade. Vostés mintiron sobre as repercusións a miles de afectados que sufragaron cos seus aforros a grave irresponsabilidade da banca”. O Goberno, puntualizou, “con este Decreto so pretende un lavado de cara mentras se lle incauta a miles de familias os seus aforros.

Familias que gardaron os seus cartos para crises como a que estamos a padecer, e que ven como lles quitan ilexitimamente os seus aforros. E digo ben, porque hai sentenzas que din que foron enganados”.

Legalizan a estafa

Reprochou a Guindos que “se legalice a estafa” e afirmou que se trata dunha “captación fraudulenta. É unha orde para se quedar cunha parte importante”. En relación ás afirmacións do Ministro quen sinalou que “a quita non ten nada que ver coa arbitraxe”, Davila puxo de manifesto que “moitos estafados reciben escritos non para convidalos á arbitraxe senón para informarlles das quitas”.

“Retiren o Real Decreto e arbitren mecanismos para que os afectados recuperen o 100%”, subliñou a deputada do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG