Mais de 2.000 militantes do BNG participan na súa XIV Asemblea Nacional

Guillerme Vázquez presentou o informe de xestión e Xabier Vence o Relatorio PolíticoGuillerme Vázquez: “Que non nos maten os soños”, “sairemos máis comprometidos que nunca” e amosou o seu “apoio incondicional ao que será o novo portavoz nacional, Xabier Vence”Xabier Vence: “o “BNG leva sendo soberanista desde o seu inicio. Non hai unha deriva nacionalista, o que hai é unha deriva centralista”.

Ás 10 horas comezou a XIV Asamblea Nacional do BNG que renova a súa dirección, coa elección dun novo portavoz nacional.

Unha Asamblea que conta cunha ampla e concorrida participación, máis de 1.500 militantes que acudiron a esta importante cita procedentes de todas partes de Galiza.

Unha vez votada a orde do día e o Regulamento, abriuse o debate do Informe de Xestión e o Relatorio Político. Guillerme Vázquez, o portavoz nacional saínte presentou o Informe de Xestión nunha intervención que fixo alusión á situación política actual, con críticas ao “niño dos Peares”, con chamamentos á fortaleza do BNG enfatizando que “non nos maten os soños” e “sairemos máis comprometidos que nunca”.

 Guillerme Vázquez tamén aproveitou a súa intervención para amosar o “meu apoio incondicional ao que será o novo portavoz nacional do BNG, Xabier Vence” e tivo palabras de despedida ao sinalar que “para min foi un orgullo ser o portavoz nacional de todos vós”.

 No seu turno de presentación do Relatorio Político, Xabier Vence, fixo un breve repaso do ano transcurrido desde que se celebrou a anterior Asamblea do BNG, a de Amio. “Aconteceron moitas cousas, todos debemos ser conscientes dos cambios”. Así pasou do xeral ao particular, explicitando as duras políticas de austericidio da UE: un ano de ataques ás conquistas sociais, o ano do resgate financeiro ao estado español que trouxo “duras consecuencias sociais e a devalucación da democracia”.

 O que será elexido hoxe como novo portavoz nacional do BNG fixo mención ao duro ano de goberno central a golpe de decretazos, e o “sometimento de Feijoó á política de Madrid. Non temos un goberno galego senón unha sucursal de Madrid”, enfatizou. Non esqueceu a imediata actualidade, a corrupción política que “é un problema do PP”.

 Xabier Vence aludiu asemade á crise dentro do nacionalismo galego e os diferentes camiños adoptados. Deixou claro que o “BNG leva sendo soberanista desde o seu inicio. Non hai unha deriva nacionalista, o que hai é unha deriva centralista”. Fixo constantes chamamentos á unidade interna para que o “nacionalismo volte a medrar”. Pediu correxir os erros e cohesión e unidade “sen loitas internas”. Asemade, apelou á necesidade de cambiar as formas de nos relacionar “dentro e coa xente”.

 A Asambela desenvólvese ao longo da mañá coas solicitudes de quendas sobre o debate do Informe de Xestión e o Relatorio Político, e as emendas presentadas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG