Rosana Pérez exixe a Gomendio o pagamento das bolsas aos estudantes que "estamos a final de curso"

DSC_0659A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, dirixiuse á Secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, que anule o Real Decreto de 2013 e se recupere o sistema de becas que estaba vixente, sen partes variábeis e fixas.

Rosana Pérez comezou a súa intervención reprochando á Secretaria de Estado de Educación que tardara case un ano en acudir á Cámara, a pesar de que o BNG pediu a súa comparecencia en catro ocasións. “E agora ven aquí a falar do que xa sucedeu, e o que sucedeu xa o coñecemos. Conste a nosa crítica por vir tan tarde”.

O seu sistema de bolsas “é un auténtico calvario para os estudantes”

A continuación a deputada do BNG comezou por criticar o novo modelo de bolsas xerais que se aprobou o pasado ano, consistente nunha parte fixa e nunha parte variábel, “un modelo que se demostrou fracasado”. Sabe que a parte variábel depende de varios factores e está a “supór un auténtico calvario para miles de estudantes, que a estas alturas de remate do curso siguen sin percibir a súa beca”.

Afirmou que o novo sistema de becas xeral “crea inquedanza, incertidume aos estudantes que non saben con que van contar para programarse o curso”. Denunciou a opacidade do novo modelo que provocou un grande malestar no estudantado, que incluso o pasado 7 de maio acudiu ao Ministerio para que fosen atendidos por algún representante debido ao enorme retraso no pagamento da parte variábel da bolsa. “O que obrigou a algúns estudantes a peder préstamos que terán que saldar cando por fin reciban as axudas”.

Reprochoulle que “sigan unha estratexia de facer e non falar, de feitos consumados porque primeiro recurtan e agora veñen dar contas tarde. Sen dar marxe para o diálogo”. Respostoulle á Gomendio que “non nos valen os seus argumentos sobre o rendimento académico porque son recurtes. Cercenan a igualdade de oportunidades e o dereito de acceso universal á educación con continuos atrancos ás familias máis desfavorecidas”.

Díxolle á Secretaria de Estado que o novo modelo de becas está provocando o abandono de estudos dunha parte do alumnado. “Se suma a suba das taxas, o endurecemento dos criterios para acceder ás bolsas, a diminución das cantidades nas axudas, a incertidume de non saber cal vai ser a contía a percibir, a inxustificábel demora no ingreso das becas, ou a denegación constante das mesmas, decataráse que empurran ao abandono de estudos”.

“Deixen tranquilas as Bolsas Erasmus e mellórenas”

A segunda cuestión que a deputada do BNG puxo enriba da mesa foi a relativa ás bolsas Erasmus. “Comezaron co serial en novembro pasado, modificando sen previo aviso os requisitos para acceder a unha Erasmus e exixindo que fosen adxudicatarios dunha beca xeral.

“Non son formas Señora Secretaria de Estado cambiar as reglas de xogo a metade de partida, co curso iniciado e cando a maior parte dos Erasmus xa estaban os paises de orixe”, sinaloulle. A deputada do BNG salientou que “seguramente vostedes desde as alturas do Ministerio son son conscientes de que para moitos Erasmus 150 euros mensuais é unha cantidade que lles salva o mes”.

O segundo capítulo neste tipo de axudas, foi cando decidiron recurtar a duración das bolsas, para pasalas dunha duración media de oito meses a unha duración de seis meses. “Este recurte na estancia prexudica a formación en linguas e non esqueza que é un do défices que teñen os alunos no estado español”. Nese sentido, subliñou que “o máis lóxico é realizar o curso completo nun pais estranxeiro porque se require dun tempo de adaptación”.

Na súa conclusión, a deputada do BNG demandou a Gomendio que “deixen xa tranquilas as bolsas Erasmus. Deixen de trasladar unha constante inestabilidade aos estudantes, sobre todo aos que proceden de familias con poucos recursos económicos”. Instou ao Ministerio a cambiar a política en materia de bolsas e axudas ao estudo, “prioricen a educación pública”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG