Tereixa Paz chama “paquete” a Cañete por negociar con intereses particulares en Europa

A deputada denunciou a “pésima” xestión do candidato do PP ao Parlamento europeo nas negociacións da Política Agraria Común (PAC) da que dixo, “prexudicaron aos viticultores galegos”

Tereixa Paz

A deputada do BNG, Tereixa Paz reclamou hoxe actuacións que o Goberno galego debe emprender ante a aplicación da nova política agraria común e os fondos do Plan de apoio ao sector vitivinícola porque este ano, os labregos e agricultores notarán a redución de axudas e vano notar máis en anos venideiros. Os fondos FEADER non se manteñen a pesar do aumento de fondos que recibe o Estado español en 1.000 millóns de uros, “Galiza vai recibir 300 millóns menos”.

Tras a intervención da deputada popular, Rosa Oubiña que resaltou os beneficios dos diferentes paquetes da Política Agraria Común, a nacionalista respondeu que o “único paquete é Arias Cañete” por aprobar a PAC que lle conviña segundo os seus intereses e que nada tiñan a ver cos intereses dos viticultores galegos.

Tereixa Paz reclamou, a través dunha Proposición non de lei que os viticultores tiveran acceso ás axudas de acordo ás superficies por primeira vez, proposta que foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

En Galiza producimos viño, non o destilamos

Neste sentido, engadiu que os fondos destinados a estas axudas, 174,55 millóns de euros, “marcharán para Castela-A Mancha” porque o Lobby ao que obecede “paquete Cañete” conseguiu que o acordo da Conferencia sectorial destinara os fondos a viticultores que no período anterior da OCM do viño recibiron axudas para a destilación e nós, dixo, “en Galiza non precisamos estas axudas porque o sector produce para elaborar viño, non para destilalo”.

Para a deputada, o voto contrario do PP á iniciativa nacionalista debatida hoxe na Comisión de Agricultura era “previsíbel” xa que de sumarse á proposta do BNG “cuestionaría a negociación da PAC en todo o Estado” e sobre todo, as orientacións políticas do Ministerio e intereses que defende a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana cando vai a Madrid, “nin o sector do viño, afirmou, nin do leite, nin da carne, foi beneficiado nas negociacións da PAC”.

Finalmente, lamentou que o PP sega “ríndose” dos produtores galegos e faga fachenda de logros que non conseguen con actuacións que poñen cada vez máis difícil o futuro dos produtores, “para vostedes, o menos relevante é a función social, territorial e de creación de emprego do sector agrícola”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG