Jorquera empraza a Feijóo a “dar a cara” e esixir a dimisión dos sete edís encausados

Francisco Jorquera

O nacionalista asegurou que “a fuxida” forma parte do currículo do Presidente da Xunta ao que sumou o seu desexo por facer méritos en España

Comparecencia de Francisco Jorquera

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera pediu hoxe ao Presidente da Xunta que “dea cara” e deixe de fuxir ante a situación xerada polos sete edís do concello de Compostela acusados de “prevaricación” por prestar asistencia nun caso “claro de corrupción”.

O nacionalista considerou que, máis alá das conclusión da Fiscalía, os encausados recoñeceron ter cometido “un enorme erro político” e en política, explicou, cando se cometen erros graves, “hai que asumir responsabilidades políticas”, non queda outra opción máis que “dimitir por limpeza e hixiene política”.

O BNG empraza a Feijóo a asumir as súas responsabilidades

Jorquera na súa comparecencia, tras a Xunta de portavoces, emprazou a Feijóo a que asuma as súas responsabilidades políticas como Presidente do Partido popular de Galiza e da Xunta para non incumprir o compromiso formulado en sede parlamentar. Debe instar a estas persoas a dimitir inmediatamente, reiterou o deputado.

Por outra parte, tamén acusou ao titular da Xunta de “facer méritos en España”, en alusión a viaxe electoral que está a realizar estes días por diferentes puntos xeográficos do Estado español con propostas como a realizada recentemente a Felipe González para “unha grande coalición” encabezando un grupo de traballo sobre a reforma da sanidade, nós, afirmou, “emprazamos a Feijóo a que en Galiza deixe de deteriorar a Sanidade pública” e que deixe tamén de “dar a fuxida por resposta”.

 PP e PSOE impiden unha resposta do Parlamento galego á carta do embaixador do Estado de Israel e suxiren que contesten os grupos “de maneira individual”

Sobre os debates previstos na sesión plenaria que se celebrará o vindeiro día 27, o deputado do BNG destacou a pinza de PP e PSOE ante a petición do BNG e AGE para responder “de maneira formal” dende o Parlamento galego á carta enviada polo embaixador de Israel contra a declaración institucional aprobada por unanimidade na Cámara galega reclamando o respecto aos dereitos básicos do pobo palestino. Jorquera cualificou o ton da carta do embaixador de “prepotente, intimidatorio e intromisión coas libres decisións do Parlamento galego”.

Francisco Jorquera

O deputado explicou que, tanto o PP como PSOE consideraron que deben ser os grupos parlamentarios de “maneira individual” os que respondan á misiva do embaixador , nós, afirmou “cremos que a carta foi enviada ao Parlamento e debe ser esta institución a que responda”.

Finalmente, Jorquera avanzou os debates propostos polo BNG na vindeira sesión plenaria entre os que destacou: a creación dunha comisión de estudo sobre a sinistrabilidade marítima, o peche de camas hospitalarias nos meses de verán, a xestión de Facenda contra os emigrad@s retornad@s, a reclamación da parte das pagas extras, a construción naval en Fene e Ferrol e o pacto económica entre a Xunta e as concesionarias das autovías para salvalas da quebra.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG