Rosana Pérez pide a comparecencia de Ana Pastor polo informe sobre seguranza ferroviaria

FOTOS CONCENTRACION ANGROIS 006A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou esta mañá a comparecencia urxente da Ministra de Fomento en sede parlamentar para que explique as conclusións do Informe realizado pola Comisión Científico-Técnica do Ministerio que recomenda a revisión dos sistemas de seguranza ferroviarios.

É hora de que falen no Congreso

Rosana Pérez considera que “estamos ante unhas conclusións que proveñen dun órgao nada sospeitoso de anti gubernamental, xa que provén do propio Ministerio, e que supón outra mostra máis, xunto cos documentos que se están a entregar ao xuiz que leva o caso Alvia, de que houbo deficiencias e fallos nos dispositivos de seguranza do tramo Santiagou-Ourense”.

A deputada do BNG acusa á Ministra de Fomento de “agochar a cabeza debaixo da terra como os avestruces e practicar o silenzo que é a estratexia que o Goberno está a seguer. Son moitas as ocasións ao longo destes meses nas que pedimos a comparecencia de Ana Pastor e outros cargos de Renfe e Adif en relación ao sinistro do Alvia, pero aquí non ven ninguén”.

Até agora, puntualiza Rosana Pérez, trascendían os informes e documentos que se están a presentar no proceso xudicial e que servían de argumento á Fomento para zanxar calquer explicación en base a que se trata do proceso xudicial, pero non pode eludir as súas explicacións en canto ao informe da Comisión científico-técnica. É hora de que acuda ao Congreso e se deixe de xogar ao gato e ao rato. A Ministra debe facer entrega das conclusións do informe aos membros da Comisión de Fomento e permitir que haxa un debate aberto e transparente”.

A deputada do BNG tamén rexistrou a solicitude de copia do mencionado informe e a comparecencia do Presidente de Adif polas graves conclusións do perito xudicial do caso Alvia, quen asegurou que o terríbel accidente ferroviario de Angrois se tería evitado se non se tivese cambiado o proxecto orixinal no 2010, e que supuxo a rebaixa dos dispositivos de seguranza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG