A situación laboral centra as preguntas do BNG no Parlamento galego

As deputadas do BNG, Montse Prado e Carme Adán formulan varias preguntas na Comisión de Política social e Emprego sobre a fenda salarial entre homes e mulleres e a restitución da prestación por desemprego para afectad@s por EREs

Comisión parlamentaria

A parlamentaria do BNG, Montse Prado denunciou hoxe “as alarmantes cifras” de persoas desempregadas en Galiza ao que sumou a lei de medidas urxentes da reforma laboral entre as que destacou, á relativa aos EREs temporais coa conseguinte diminución da prestación no suposto de converterse nun ERE de extinción.

Eliminación da prestación de 180 días ás persoas desempregadas que pasan dun ERE temporal a un de extinción

A parlamentaria reclamou a reposición da prestación por desemprego polo mesmo número de días que os desempregad@s tiveran percibido o desemprego total ou parcial, cun límite de 180 días baixo as condicións de suspensións ou reducións de xornadas entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro do ano 2012 e despido entre o 12 de febreiro tamén do 2012 e o 31 de decembro do 2013.

Tras a intervención do director xeral de Traballo que negou a aplicación da medida, a deputada replicou que segue en vigor ata final de ano e reprochou que o PP “sega xogando con medias verdades”.

Montse Prado

Para a deputada, a mensaxe do responsábel da consellería de Traballo responde unha vez máis “a propaganda sobre a recuperación económica” cando en realidade o que se está a producir son postos de traballo “precarios” e sen dereitos así como Expedientes de Regulación “sen negociación”.

No BNG, lamentamos, dixo, que de non ser renovada a reposición do dereito á prestación por desemprego cada vez serán reducidos máis os dereitos dos traballador@s, “quitándollo aos de abaixo para darllo aos de arriba”, concluíu.

A directora Xeral de Formación e Colocación non aclara se o Goberno porá en marcha o Plan de emprego feminino

Por outra parte, a deputada do BNG, Carme Adán tamén formulou na mesma comisión, unha pregunta relativa á diferenza salarial entre homes e mulleres e as previsión do Goberno en materia de corresponsabilidade.

Adán criticou as respostas de Ana Mª Díaz por asegurar que os datos do paro son negativos pero son “as cifras que hai” e o Goberno xa está poñendo en marcha medidas para a inserción laboral das mozas. A nacionalista asegurou que o sector feminino téxtil é o que máis cae no sector industrial así como o sector de servizos, “unha situación dramática”, que estendeu a todo o ámbito laboral feminino.

Carme Adán

A deputada salientou que existen “52.300 mulleres ocupadas menos” que no ano 2009 e 18.200 menos que no 2012, polo que negou as afirmacións de Díaz sobre a contención do paro das mulleres.

A parlamentaria recalcou que resulta moi difícil atopar un posto de traballo para as mozas e recriminou á responsábel de Traballo non responder ás preguntas sobre os dous puntos máis de fenda salarial entre homes e mulleres ou as razón polas que “a exclusión social segue tendo rostro feminino”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG